Navarra
Euskarabidea lanza unha convocatoria de axudas para actividades de fomento do éuscaro no ámbito municipal
O Boletín Oficial de Navarra publica a convocatoria de axudas lanzada por Euskarabidea, que destina 650 000 euros a financiar actividades de fomento do uso e a promoción do éuscaro nas entidades locais en 2017.
Fonte: El Diario
O Parlamento de Navarra aproba a modificación da lei do éuscaro
Esta modificación supón o paso de 44 localidades da zona non vascófona á zona mixta e a substitución da expresión "vascuence" por "euskera", de maneira que a norma pasa a denominarse "Ley Foral del Euskera".
Fonte: EiTB
O Goberno de Navarra convoca axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades de fomento do éuscaro
O Goberno de Navarra destinará 250 000 euros a subvencionar programas e actividades de promoción do éuscaro por parte de asociacións sen ánimo de lucro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Os concellos de Navarra poderán ter unha denominación bilingüe en éuscaro e castelán
A conselleira de Relacións Cidadás e Institucionais, Ana Ollo, manifestou que o decreto sobre denominacións bilingües concederalles aos concellos a liberdade de engadir o seu nome en éuscaro, sempre que Euskaltzaindia o recoñeza.
Fonte: Noticias de Navarra
Euskarabidea achegará 60 000 euros para promover o uso do éuscaro en centros de traballo do sector privado
Euskarabidea vén de publicar unha convocatoria de axudas para promover o uso do éuscaro en centros privados de traballo da Comunidade Foral de Navarra, ás que se destinan un total de 60 000 euros. Cómpre mencionar que é a primeira vez que se convocan este tipo de subvencións.
Fonte: El Diario Vasco
Euskaltzaindia e o Goberno de Navarra renovan o seu convenio de colaboración para o ano 2017
O Goberno de Navarra e Euskaltzaindia veñen de renovar o convenio de colaboración para realizar diversos proxectos culturais durante este ano 2017. Neste acordo recóllense as bases da colaboración e os compromisos que asumen ambas as dúas institucións.
Fonte: 20minutos
A lingua vasca progresa en Navarra grazas á inclusión de 44 municipios na denominada 'zona mixta'
O éuscaro deu un paso adiante en Navarra grazas á reforma da Lei do éuscaro realizada polo Parlamento. Con ela, incluíronse 44 municipios na chamada 'zona mixta', o que non recoñece a oficialidade plena da lingua, mais si asegura unha certa protección.
Fonte: ElNacional.cat
O Parlamento navarro achega máis de 18 000 euros para o I Plan de éuscaro
O Parlamento de Navarra aprobou unha achega de 18 150 euros para contratar unha asesoría técnica que elabore, desenvolva e avalíe o I Plan de éuscaro para o Parlamento de Navarra 2017-2020, que xirará ao redor de tres eixes principais: comunicación e imaxe corporativa, relacións externas e relacións internas.
Fonte: Navarra información
O Goberno navarro impulsa un servizo de acceso ao éuscaro para inmigrantes
Xa está en funcionamento o Servizo de atención e asesoramento para inmigrantes de Navarra, que impulsou o Goberno navarro nos Servizos Sociais da Comunidade. O servizo facilitará a aprendizaxe das linguas oficiais de Navarra.
Fonte: Navarra Información
Pamplona esixirá o título de éuscaro para acceder a dúas novas listas de emprego nas Escolas Infantís
O Organismo Autónomo Escolas Infantís Municipais de Pamplona convocou probas para crear dúas novas listas de emprego, unha para a contratación temporal e outra para a formación. Para poder presentarse, é necesario dispoñer do título de éuscaro, o EGA.
Fonte: Navarra.com
Boletín
Subscríbase ao boletín