Navarra
Publícanse no Arquivo de Navarra os manuscritos do príncipe Luís Luciano Bonaparte en éuscaro
A colección de manuscritos sobre a lingua vasca e os seus dialectos, recompilados por Luís Luciano Bonaparte a mediados do século XIX, fixéronse públicos no Arquivo Real e Xeral de Navarra, de xeito que se poden consultar no buscador web "Arquivo Aberto" no portal institucional do Goberno de Navarra. Do total de 134 manuscritos, 118 son en éuscaro e o resto noutras linguas como, entre outras, castelán, francés, latín ou provenzal.
Fonte: Noticias de Navarra
A mostra "Navarrorum. Dous mil anos de documentos navarros sobre o éuscaro" chega a Estella
A mostra "Navarrorum. Dous mil anos de documentos navarros sobre o éuscaro" comeza a súa xira, chegando en primeiro lugar á Casa da Cultura Fray Diego de Estrella. Agárdase que acade o éxito recollido durante os meses que estivo exposto en Pamplona, onde atraeu a atención de miles de visitantes.
Fonte: Diario de Navarra
Navarra celebra unha nova edición do Festival Navarro Infantil e Xuvenil de Cancións en Éuscaro
En marzo de 2018 chegará a Navarra o Festival Navarro Infantil e Xuvenil de Cancións en Éuscaro, no que centenares de rapaces e rapazas da comunidade de entre 6 e 16 anos interpretarán diversos temas da cultura musical da súa terra en lingua vasca.
Fonte: Noticias de Navarra
O Parlamento de Navarra crea unha comisión para elaborar unha nova lei do éuscaro
O Parlamento de Navarra creará unha comisión especial que se encargará de elaborar unha proposta para unha nova Lei foral do éuscaro que teña como principios o respecto aos dereitos lingüísticos, a superación de zonificación lingüística e a oficialización do éuscaro en toda Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
Apróbanse as normas que servirán para redactar a nova lei do éuscaro en Navarra
O Goberno de Navarra aprobou as normas da comisión especial que permitirán redactar as modificacións da antiga lei da lingua vasca na comunidade. A nova lei versará sobre o cumprimento dos dereitos lingüísticos da cidadanía, a eliminación da zonificación e a formalización do éuscaro como lingua oficial de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Convócanse novas axudas dirixidas á promoción do uso do éuscaro en Navarra
O Goberno de Navarra abriu unha nova convocatoria de axudas para levar a cabo actividades de promoción da lingua vasca na comunidade. As asociacións sen ánimo de lucro serán as principais beneficiarias, se ben os centros de traballo e as entidades privadas tamén teñen posibilidade de solicitalas.
Fonte: Noticias de Navarra
O uso do éuscaro no ámbito público de Navarra incrementouse nos últimos cinco anos
Un estudo recente sobre o uso do éuscaro no ámbito público na comunidade de Navarra mostra un pequeno descenso no seu uso en comparación cos datos de 1993, se ben se observa un progresivo incremento nos últimos cinco anos.
Fonte: Diario de Navarra
Renóvase o convenio de colaboración para establecer o éuscaro como lingua oficial nas cámaras lexislativas de Navarra
O Parlamento de Navarra e a Real Academia Vasca renovaron o seu convenio de colaboración para continuar co seu proxecto de converter o éuscaro na lingua oficial das Cámaras lexislativas, establecendo unha terminoloxía parlamentaria común que sirva para todos os territorios nos que se fala esta lingua.
Fonte: Navarra
O Goberno de Navarra aumenta o seu investimento para promover o uso do éuscaro
O Goberno de Navarra aumentou notablemente o presuposto dirixido ás accións de promoción do uso da lingua vasca, continuando co seu labor de consolidar as políticas lingüísticas no Goberno e darlle a esta lingua un papel máis relevante.
Fonte: El Diario
Unha manifestación reúne centos de persoas para reivindicar a oficialidade do éuscaro en toda Navarra
O sábado 24 de marzo de 2018 convocouse unha manifestación en Pamplona co fin de reivindicar a oficialidade do éuscaro en toda Navarra. Centos de persoas estiveron presentes nesta marcha para reclamar a recuperación e a normalización desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín