Navarra
Unha exposición salienta o valor histórico e cultural do éuscaro en Navarra
A exposición "Navarrorum. Dous mil anos de documentos navarros sobre o éuscaro", que acolle o Arquivo Real e Xeral de Navarra, recolle 36 pezas relacionadas coa presenza escrita da lingua vasca desde a Antigüidade romana ata o século XIX.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno navarro únese ao Día Europeo das Linguas 2017
O Goberno de Navarra animou os centros educativos da comunidade a participar no Día Europeo das Linguas 2017, que celebra a Unión Europea desde o 2001. Desta forma, os centros organizarán actividades para promover a diversidade lingüística e o respecto por todas as linguas.
Fonte: Pamplona Actual
O Concello de Pamplona convoca axudas para a aprendizaxe do éuscaro
O Concello de Pamplona outorgará 35 000 euros en axudas para que a cidadanía aprenda lingua vasca a través de cursos presenciais, en liña e barnetegis.
Fonte: Noticias de Navarra
O Consello de Navarra propón cambios nos baremos do decreto do éuscaro
O decreto do éuscaro superou o trámite consultivo do Consello de Navarra, que, non obstante, realizou unha suxestión de cambios parciais, sobre todo, o relacionado coa actualización das puntuacións da lingua vasca como mérito nos procesos de concurso de traslados e concurso-oposición na zona mixta e non vascofalante.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha compañía teatral abre en Pamplona un ciclo de teatro infantil en lingua vasca
A compañía de teatro Pantzart abrirá o sábado 7 de outubro de 2017, en Civivox Iturrama (Pamplona), un ciclo con obras teatrais, monicreques e música en éuscaro para nenos e nenas de entre 2 e 6 anos.
Fonte: Noticias de Navarra
As entidades locais móstranse favorables ás denominacións bilingües dos núcleos de poboación navarros
O decreto foral que regula as denominacións dos núcleos de poboación navarros indica que, en caso de denominación bilingüe, se porá en primeiro lugar o nome en éuscaro na zona vascófona, mentres que nas zonas mixta e non vascófona figurará primeiro o nome en castelán.
Fonte: Pamplona Actual
O Parlamento de Navarra acolle unha exposición sobre o éuscaro impulsada pola Academia da Lingua Vasca
O Parlamento de Navarra inaugurou a exposición "Euskara ibiltaria", organizada pola Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, na que se mostran os diferentes dialectos do éuscaro.
Fonte: Navarra Información
A Universidade Pública de Navarra incorporará o éuscaro ás áreas de investigación e empregabilidade
A Universidade Pública de Navarra quere incrementar o uso do éuscaro no eido universitario e, por iso, aposta por un plan director que, ademais de aumentar a docencia en lingua vasca, incorporará este idioma a áreas como a investigación, a empregabilidade e a innovación.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra incorporará melloras no decreto sobre o uso do éuscaro na Administración
Despois do ditame do Consello de Navarra, que critica algúns aspectos do decreto foral que regula o uso do éuscaro na Administración, o Goberno navarro incorporará modificacións neste decreto.
Fonte: Noticias de Navarra
Apróbase o decreto foral do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra
O Goberno de Navarra aprobou o decreto foral que regula o uso da lingua vasca nas Administracións Públicas de Navarra, nos seus organismos públicos e nas súas entidades de Dereito público. Con esta norma, a cidadanía poderá gozar do seu dereito a ser atendida en éuscaro pola Administración.
Fonte: Pamplona actual
Boletín
Subscríbase ao boletín