Navarra

O Goberno de Navarra rotulará de forma bilingüe os carteis viarios de entrada á Comunidade Foral

Todos os carteis que indican a entrada á Comunidade Foral de Navarra na Rede de Estradas estarán en castelán e en éuscaro, independentemente da súa localización en zona vascófona, mixta ou non vascófona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula as 100 prazas de mestre en éuscaro recollidas na Oferta de Emprego Público

O motivo da anulación destas prazas de mestre en éuscaro foi que non estaban recollidas no cadro de persoal orgánico co requisito específico do éuscaro.

Fonte: Eitb

Navarra

O Concello de Pamplona fomenta a creación de grupos de conversa en éuscaro

Para o curso 2016/17 o concello creará o programa “Mintzakide. Voluntarios pola lingua” que permitirá a organización de grupos de conversa para perfeccionar o nivel de éuscaro.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Goberno de Navarra impulsa unha campaña para mellorar a imaxe e o prestixio social do éuscaro

A campaña de comunicación desenvolverase durante a segunda quincena de novembro, e difundirá a súa mensaxe en revistas locais, transporte urbano e salas de cine.

Fonte: 20 Minutos

Navarra

O Goberno navarro celebra por vez primeira Día do Éuscaro

Por primeira vez, este 3 de decembro de 2016 o Goberno navarro celebrará o Día Internacional do Éuscaro, unha conmemoración que coincide co Día de Navarra.

Fonte: ABC

Navarra

O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un acordo de colaboración

Coa sinatura deste convenio o Goberno foral achegará 96 100 euros para a realización de distintos proxectos culturais.

Fonte: Navarra.com

Navarra

Kontseilua solicítalle ao Parlamento navarro a creación dunha nova lei do éuscaro

Co gallo da celebración do 30 aniversario da Lei do éuscaro, o secretario xeral de Kontseilua resaltou a necesidade dunha nova lei.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O fomento do éuscaro na Administración e no ensino centra a maioría das propostas cidadás ao Goberno Foral

A maioría das contribucións da cidadanía ao Plan estratéxico do éuscaro solicita unha maior oferta educativa nesta lingua e unha maior utilización na Administración e noutros ámbitos da sociedade.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O 52,8% das familias usuarias das escolas infantís de Pamplona mostra satisfacción coa oferta lingüística actual

O Concello de Pamplona presentou un informe sobre a realidade das escolas infantís no que se indica que un 52,8% das familias valora positivamente a actual oferta lingüística das escolas infantís municipais da cidade.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Consello Navarro do Éuscaro aproba unha declaración institucional que pon en valor esta lingua

Con esta declaración institucional o Consello Navarro do Éuscaro recoñece que esta é a lingua propia de Navarra e patrimonio dos seus habitantes. Ademais, formulan propostas para que non se converta nun elemento de conflito.

Fonte: 20minutos

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder