Navarra
O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un acordo de colaboración
Coa sinatura deste convenio o Goberno foral achegará 96 100 euros para a realización de distintos proxectos culturais.
Fonte: Navarra.com
Kontseilua solicítalle ao Parlamento navarro a creación dunha nova lei do éuscaro
Co gallo da celebración do 30 aniversario da Lei do éuscaro, o secretario xeral de Kontseilua resaltou a necesidade dunha nova lei.
Fonte: Noticias de Navarra
O fomento do éuscaro na Administración e no ensino centra a maioría das propostas cidadás ao Goberno Foral
A maioría das contribucións da cidadanía ao Plan estratéxico do éuscaro solicita unha maior oferta educativa nesta lingua e unha maior utilización na Administración e noutros ámbitos da sociedade.
Fonte: Noticias de Navarra
O 52,8% das familias usuarias das escolas infantís de Pamplona mostra satisfacción coa oferta lingüística actual
O Concello de Pamplona presentou un informe sobre a realidade das escolas infantís no que se indica que un 52,8% das familias valora positivamente a actual oferta lingüística das escolas infantís municipais da cidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O Consello Navarro do Éuscaro aproba unha declaración institucional que pon en valor esta lingua
Con esta declaración institucional o Consello Navarro do Éuscaro recoñece que esta é a lingua propia de Navarra e patrimonio dos seus habitantes. Ademais, formulan propostas para que non se converta nun elemento de conflito.
Fonte: 20minutos
Aumenta a poboación navarra que sabe falar éuscaro, sobre todo entre a xente nova
Segundo a última enquisa, case unha cuarta parte da poboación navarra sabe falar éuscaro, ben como falantes activos ou como pasivos, unha cifra que aumentou progresivamente nos últimos 25 anos, principalmente entre os menores de 24 anos.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno navarro aproba o Plan estratéxico do éuscaro 2016-2019
O Plan estratéxico do éuscaro (2016-2019), que pretende servir para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, conta con sete eixes de actuación: uso social, novos falantes, servizos públicos, prestixio e atractivo, motor económico, marco lingüístico e xestión interna de Euskarabidea.
Fonte: EiTB
O Goberno navarro impulsa unha campaña para promover a escolarización en éuscaro
Esta campaña ten como obxectivo informar e fomentar a escolarización en éuscaro de cara á prematrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2017-2018.
Fonte: Pamplona Actual
A Real Academia da Lingua Vasca e o Parlamento de Navarra reforzan a súa colaboración
Representantes de ambas as entidades mantiveron unha reunión para darlle continuidade a unha colaboración que ten entre os seus obxectivos visibilizar o éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.
Fonte: Noticias de Navarra
Un decreto foral do Goberno de Navarra garantirá a atención en éuscaro na Administración segundo a zonificación
O proxecto de decreto foral pretende garantirlle á cidadanía a atención en éuscaro na Administración segundo a zonificación marcada pola lei.
Fonte: Pamplona Actual
Boletín
Subscríbase ao boletín