Navarra

O Concello de Pamplona destina 31 000 euros á realización de actividades culturais en éuscaro

O orzamento de 31 070 euros repártese entre doce entidades que se encargarán de pór en marcha actividades culturais e artísticas en éuscaro durante 2015.

Fonte: ABC

Navarra

Elizondo acolle unha festa do éuscaro na que participan miles de persoas

A localidade navarra de Elizondo acolle o Nafarroa Oinez 2015, a festa do éuscaro, que conta con actividades musicais, gastronómicas e infantís.

Fonte: El Correo

Navarra

A porcentaxe de materias en éuscaro na Universidade Pública de Navarra alcanza o 20 %

Na Universidade Pública de Navarra vai en aumento a docencia en éuscaro, que chega ao 20 % do total, e en inglés, que alcanza o 18 %.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra pon en marcha o programa Solaskide de reforzo da oralidade en éuscaro

Tras dous anos de interrupción regresa ás aulas, entre o 26 de outubro e o 22 de decembro, unha nova edición do programa Solaskide de reforzo da oralidade en éuscaro.

Fonte: 20minutos

Navarra

A proposta de Oferta Pública de Emprego de Educación en Navarra prevé un 70 % das prazas en éuscaro

O conselleiro de Educación presentoulles aos sindicatos da Mesa Sectorial a nova Oferta Pública de Emprego de 425 prazas das cales un 70 % son en éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Recupéranse en Navarra as subvencións para a euscaldunización de persoas adultas

O Goberno de Navarra convoca axudas para a euscaldunización de persoas adultas, algo que non acontecía desde setembro de 2012.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra proponse impulsar unha política lingüística positiva

A vontade do Goberno é poñer en práctica unha política lingüística positiva que garanta que as persoas que así o desexen poidan dirixirse en éuscaro á Administración.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O impulso do éuscaro será unha das liñas de actuación centrais dos orzamentos do Concello de Pamplona

Na presentación do proxecto de orzamentos do Concello de Pamplona para o ano 2016 sinalouse cales serán as cinco liñas prioritarias, entre as que se encontra o impulso ao éuscaro.

Fonte: Navarra.com

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro impulsará a lingua vasca principalmente no ensino de adultos e nos medios de comunicación

O Instituto Navarro do Éuscaro destinará 1,5 millóns de euros ao fomento da lingua vasca nos ámbitos do ensino de adultos e na súa presenza nos medios de comunicación.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Pamplona e a súa comarca contarán cunha nova canle televisión integramente en éuscaro

Esta nova canle televisiva para Pamplona e a súa comarca leva o nome de Ntb 11 e foi posta en marcha por Nafar Telebista e Hamaika Telebista.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder