Navarra

Unha asociación de pais e nais de Pamplona tramita unha denuncia para dispoñer de escolas en éuscaro

Un total de 466 pais e nais de Pamplona tramitaron unha demanda a través da plataforma Iruñeko Euskalgintza para demandar a presenza de escolas de infantil nos distintos barrios da cidade para que os seus fillos poidan estudar en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Veciños do municipio navarro de Etxari Aranatz demandan ser atendidos polo seu médico en éuscaro

Un total de 592 veciños da localidade navarra de Etxari Aranatz asinaron unha petición para reivindicar o seu dereito a ser atendidos en éuscaro no centro de saúde local.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O modelo de educación en éuscaro terá maior presenza no territorio navarro

O novo Goberno de Navarra quere estender o modelo de educación D (en éuscaro) a todo o territorio da comunidade, xa que na actualidade as zonas mixta e non vascófona non ofrecen a posibilidade de estudar nesta lingua.

Fonte: El Diario

Navarra

O Concello navarro de Ansoáin concédelles axudas económicas aos campamentos de verán en éuscaro

A convocatoria para a concesión de axudas económicas destinadas aos campamentos de verán en éuscaro contará cunha partida de 12 100 euros.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O XXV Concurso literario en éuscaro para autores noveis abriu o prazo de participación

O Concello de Pamplona abriu o prazo para participar neste concurso, que finaliza o 5 de novembro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro xa ten novo director

O novo Goberno de Navarra nomeou a Mikel Arregi director xeral do Instituto Navarro do Éuscaro-Euskarabidea.

Fonte: EiTB

Navarra

O Concello de Pamplona comprométese a garantir o bilingüismo na programación cultural

O Concello de Pamplona xustifica a falta de actividades en éuscaro dentro da programación cultural da cidade polo peche da contratación do programa municipal.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Consello Navarro do Éuscaro apoia que se reforcen as competencias e a estrutura de Euskarabidea

O Consello Navarro do Éuscaro elaborará un plan estratéxico para a promoción e a normalización da lingua vasca.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Executivo navarro defende que a comunidade asuma o éuscaro como lingua propia

A voceira do Goberno navarro expresou a súa vontade de normalizar as relacións co País Vasco e asumir o éuscaro como idioma propio de Navarra.

Fonte: El Diario

Navarra

O Concello de Pamplona pon en marcha un grupo de traballo para a normalización do éuscaro

Este grupo de traballo estará formado por colectivos que traballan na normalización do éuscaro en Pamplona. A súa finalidade é poñer en marcha actuacións que garantan os dereitos lingüísticos da poboación.

Fonte: EiTB

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder