Navarra

O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca únense para potenciar o éuscaro

Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, nomeou seis novos académicos navarros en sesión plenaria no Concello de Pamplona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Pamplona acollerá unha manifestación a prol do éuscaro nas escolas infantís

Varias organizacións convocaron para o 4 de xuño unha manifestación en Pamplona contra a suspensión cautelar do cambio de modelo a éuscaro de dúas escolas infantís da capital navarra.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Pamplona subvencionará a organización e realización de actividades que promovan o éuscaro

A convocatoria de axudas vai dirixida a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Navarra convoca axudas para asociacións sen ánimo de lucro que promovan o uso do éuscaro

A Comunidade destina 110 000 euros a axudas que poderán solicitarse ata o vindeiro 8 de xuño.

Fonte: eldiario.es

Navarra

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula o plan de éuscaro do Concello de Baztan

O Plan de normalización do uso do éuscaro no Concello de Baztan fora aprobado en 2014 e recorrido o ano seguinte polo Goberno navarro.

Fonte: 20minutos

Navarra

O Goberno de Navarra busca garantir o uso das dúas linguas propias na Administración

O Goberno traballa no impulso dunha política que garanta os dereitos lingüísticos e que lle permita á cidadanía relacionarse coa Administración nas dúas linguas da Comunidade.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O plan estratéxico do éuscaro será a base da política lingüística do Goberno de Navarra

A política lingüística do Goberno de Navarra terá como base o plan estratéxico do éuscaro elaborado por Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro.

Fonte: Naiz

Navarra

Convocan en Pamplona unha manifestación a prol do éuscaro

Varias organizacións convocaron para o sábado 4 de xuño unha manifestación en Pamplona para reivindicar o dereito a vivir en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Plan Estratéxico do Éuscaro para Navarra estará finalizado en decembro deste ano

O pasado xoves celebrouse a primeira sesión relativa ao Plan Estratéxico do Éuscaro, cuxo obxectivo é a elaboración dun diagnóstico completo e actualizado da situación desta lingua en Navarra. Neste plan participarán varios departamentos do Goberno de Navarra, institucións públicas e diversos organismos sociais.

Fonte: El Diario

Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro destina 300 000 euros para o fomento da lingua en entidades locais

O Instituto Navarro do Éuscaro publicou unha convocatoria de axudas destinadas ao uso do éuscaro por parte das entidades locais en 2016. Con esta axuda busca que aumente a presenza do idioma nestes organismos.

Fonte: Noticias de navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder