Navarra

A oposición en Navarra ultima unha modificación da Lei do éuscaro

O voceiro de Izquierda-Ezkerra, José Miguel Nuin, explicou que varios grupos da oposición finalizarán o traballo de elaboración dunha modificación da Lei foral do éuscaro para implantar o modelo D nos lugares de Navarra nos que haxa demanda.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Concello navarro de Huarte subvencionará cun máximo de 400 euros os comercios que rotulen en éuscaro

O Concello de Huarte aprobou as bases de subvencións para o uso do éuscaro na rotulación de establecementos comerciais de Huarte por un importe máximo de 400 euros.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Concello navarro de Estella concede axudas por 3744 euros para a aprendizaxe do éuscaro

O Concello de Estella concedeu, a través da comisión municipal de Cultura, axudas a veciños da cidade para a aprendizaxe de éuscaro por un total de 3744 euros e cun máximo de 250 por solicitude. As subvencións cobren tanto a formación en cursos extensivos como intensivos.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Varios partidos políticos rexistran no Parlamento de Navarra a modificación da Lei do éuscaro

Os grupos parlamentarios de PSN, Esquerda-Ezkerra e Geroa Bai rexistraron no Parlamento a proposición de lei de modificación da Lei do éuscaro e que recolle que se atenda o ensino en éuscaro tamén na zona non vascófona de Navarra “en función da demanda”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un 28 % da poboación pide educación en éuscaro na zona non vascófona de Navarra

O conselleiro de Educación, José Iribas, asegurou que a demanda para estudar en éuscaro na zona non vascófona de Navarra é do 5 %, porcentaxe que obtén da matrícula rexistrada este curso nas ikastolas de iniciativa social sitas nesa parte da xeografía foral. Unha cifra que choca co último estudo sociolingüístico elaborado polo Goberno foral e que conclúe que o 28 % dos cidadáns da zona non vascófona matricularía os seus fillos e fillas no ensino en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Navarra

O Goberno de Navarra recorta un 88 % a partida para programas de éuscaro en seis anos

A partida orzamentaria destinada ao desenvolvemento do ensino do éuscaro en Navarra vai en caída libre. O recorte que sufriron estes programas nos últimos seis anos ascende a un 88 %, dos 639 389 euros aprobado en 2009 aos 78 200 euros que recolle o anteproxecto de orzamentos presentado polo Goberno foral.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello navarro de Egüés asina un convenio para promover o éuscaro

O Concello do val de Egüés asinou o convenio con Mintzakide, formado en 2004 para promover a aprendizaxe do éuscaro con grupos de conversa entre estudantes do idioma e persoas que o teñen como lingua materna.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Anulan a valoración do éuscaro nun concurso oposición da Universidade Pública de Navarra

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra estimou un recurso presentado por UXT contra un concurso oposición promovido pola UPNA, que foi anulado no relativo á valoración do mérito de coñecemento do éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Parlamento de Navarra tramita a proposta para estender o ensino en éuscaro á zona non vascófona

O pleno do Parlamento de Navarra aprobou a toma en consideración da proposición de lei presentada polo PSN, Esquerda-Exkerra e Geroa Bai para modificar a Lei do éuscaro co fin de atender o ensino nesta lingua tamén na zona non vascófona en función da demanda.

Fonte: El Diario

Navarra

A conmemoración do Día do Éuscaro pasou practicamente desapercibida en Navarra

No marco das celebracións do Día de Navarra, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, día de San Francisco Xabier, chama a atención a escasa, por non dicir ningunha, relevancia que tivo o Día Internacional do Éuscaro. A excepción dun par de citas case testemuñais (unha organizada pola Fundación Orreaga e outra por Nabarralde) a conmemoración pasou desapercibida en Navarra, non así na Comunidade Autónoma Vasca.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder