Navarra
O Valedor do Pobo de Navarra insta o Goberno a que non valore máis o inglés que o éuscaro para entrar na Administración
O Valedor do Pobo de Navarra, Javier Enériz, insta o departamento de Presidencia a adoptar as “medidas oportunas” para que nas convocatorias de ingreso na Administración de Navarra ou dos seus organismos públicos “non se valore máis o coñecemento do inglés que do éuscaro”, dado que é lingua propia de Navarra e parcialmente oficial.
Fonte: Noticias de Navarra
Celebran unha manifestación en Navarra en defensa do éuscaro
Os impulsores da manifestación son persoas e asociacións que cren que o éuscaro é unha parte consubstancial de Navarra e que teñen dereito a vivir nunha comunidade bilingüe. Por isto, esixen un cambio na "disparatada e discriminatoria" política lingüística do Goberno foral e rexeitan os drásticos recortes que este realizou, escudándose na crise, en todos os ámbitos relacionados con esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Recollen 466 solicitudes de pais que demandan unha escola infantil en éuscaro no seu barrio de Pamplona
AEK, IKA, EHE, AET e a federación Sortzen, que conforman o 'movemento social do éuscaro', os sindicatos LAB, ELA e Stee-Eilas e Sasoia recolleron un total de 466 solicitudes de pais e nais demandando unha escola infantil en éuscaro no seu barrio de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
Un total de 60 cidadáns de Tafalla pide relacionarse co Concello en éuscaro
A asociación Euskal Herrian Euskaraz entregou unhas 60 sinaturas para que o Concello de Tafalla se comprometa a informar a cidadanía en éuscaro a través de instancias, rotulacións, publicidade, sinalización e todo tipo de documentos de carácter oficial.
Fonte: Noticias de Navarra
A opción en éuscaro lidera a demanda nas escolas infantís de Pamplona
Por opcións lingüísticas, sumando as novas solicitudes e os alumnos que renovan matrícula nas escolas municipais, aténdese o 82 % das que pedían praza en éuscaro, o 80 % en castelán e o 72 % en inglés.
Fonte: Noticias de Navarra
Os mozos euscaldúns duplícanse en vinte anos en Navarra
Cada vez son máis os navarros e navarras que saben éuscaro. O 11,7 % dos habitantes de 16 anos ou máis da Comunidade Foral é bilingüe (63 000 persoas) e un 7,5 % declárase bilingüe pasivo (entende o idioma pero non o fala), unhas porcentaxes que se incrementan de forma considerable entre a poboación máis nova.
Fonte: Noticias de Navarra
Varios colectivos pídenlle ao Concello de Pamplona que “lle dea ao éuscaro a posición que merece na cidade”
AEK, EHE, IKA, NIE, Sortzen e AET, colectivos que conforman o Movemento Social do Éuscaro, reclamáronlle ao Concello de Pamplona que lle dea a esta lingua “a posición que merece na cidade” e que “invista con responsabilidade os recursos económicos dos pamploneses” para crear novos soportes en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Navarra potencia a aprendizaxe da lingua portuguesa mediante a lectura
O Instituto Camões de Portugal fixo entrega dunha pequena biblioteca coa que persegue potenciar a aprendizaxe do idioma luso dentro do Programa Lingua e Cultura Portuguesa.
Fonte: ABC
A Universidade Pública de Navarra cuadriplica en cinco anos a súa oferta en inglés
A oferta de materias en inglés da Universidade Pública de Navarra segue a súa tendencia á alza. Case todos os graos incorporan algunha nova materia, aínda que sobre todo se potencian as enxeñerías, os económicos e os maxisterios.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra ignora as recomendacións e seguirá valorando máis outras linguas có éuscaro
O Goberno foral non acepta a recomendación do Valedor do Pobo de adoptar medidas para que nas convocatorias de ingreso na Administración non se valore máis o coñecemento dunha lingua estranxeira có de éuscaro, lingua propia e cooficial en parte de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín