Navarra
A normalización do éuscaro avanza no Concello de Estella-Lizarra ao aprobarse unha nova ordenanza
A normalización e o fomento do éuscaro deu un paso fundamental en Estella-Lizarra ao aprobarse a nova ordenanza reguladora.
Fonte: Noticias de Navarra
Tafalla celebra o Día do Éuscaro con diferentes actos
Tafalla celebrará o Día do Éuscaro-Euskararen Eguna, unha cita festiva e reivindicativa que este ano se convoca na súa oitava edición. A organización dos actos correspondeulle un ano máis á Comisión Municipal de Éuscaro do Consistorio, que recibiu a colaboración de diferentes colectivos culturais da cidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O municipio navarro de Falces reclama a oficialidade do éuscaro cunha festa
A localidade navarra celebrou a 10ª edición do Faltzesko Euskararen Eguna, unha xornada na que participaron centos de veciños do municipio e na que, máis alá dos actos festivos, a reivindicación do éuscaro e a normalización desta lingua foron os protagonistas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra imparte formación en éuscaro a 770 empregados públicos
O Goberno de Navarra impartiu formación de éuscaro a un total de 770 empregados públicos da Comunidade Foral entre setembro de 2012 e maio de 2013. Supón un incremento do 33,2 % con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando 578 empregados participaron nos cursos extensivos, intensivos, de autoaprendizaxe e de conversa ofertados polo Instituto Navarro do Vascuence, conxuntamente co INAP.
Fonte: Noticias Press
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra recoñece o dereito dos entes locais a regular o uso do éuscaro
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra recoñece a potestade das entidades locais para regular a utilización do éuscaro no seu ámbito competencial aínda que se trate de zona non vascófona.
Fonte: Noticias de Navarra
A vila navarra de Estella celebra un pasarrúas para sacar o éuscaro á rúa
O obxectivo desta rolda popular é “sacar o éuscaro á rúa”, como conta Koldo Viñuales. “Desta forma o éuscaro está presente nas festas e a xente pode gozar del de forma lúdica”, afirma. As cancións escollidas, todas elas en éuscaro, son cancións coñecidas.
Fonte: Noticias de Navarra
A Universidade de Navarra ofertará o próximo curso tres materias sobre lingua e cultura vascas
A Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra, en colaboración coa Cátedra de Lingua e Cultura Vasca do centro universitario, ofertará no curso 2013-2014 tres materias sobre lingua e cultura vascas. Supón a base dun futuro itinerario de estudos vascos na facultade.
Fonte: Diario de Navarra
A primeira edición da iniciativa de promoción do éuscaro Agoitz Kantuz congrega numerosos veciños en Aoiz
Como novidade no programa festivo, a vila navarra de Aoiz levou o éuscaro á rúa coa primeira edición do Agoitz Kantuz, onde numerosos veciños se deron cita para interpretar cancións populares en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona convoca as axudas pola asistencia a cursos de éuscaro
O Concello de Pamplona convocou, en réxime de competencia competitiva, as axudas a veciños da cidade pola asistencia a cursos intensivos de aprendizaxe do éuscaro en réxime de internado (barnetegis) durante 2013.
Fonte: Diario de Navarra
A oferta das escolas oficiais de idiomas de Navarra increméntase nun 11 % para o curso 2013-2014
As escolas oficiais de idiomas de Navarra incrementaron nun 11,3 % a súa oferta formativa para o curso 2013-2014. Por un lado, consolidouse a oferta presencial nos centros de Pamplona e de Tudela e, por outro, fomentáronse outras modalidades impartidas pola escola oficial a distancia.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín