Navarra

Navarra celebrará a quinta edición do festival de humor en éuscaro ‘Irri Ziklo Bost 2012’

As actuacións celebraranse os xoves 17 e 24 de maio na Escola Navarra de Teatro, con entrada gratuíta. Cada día haberá dobre actuación dirixida ao público novo e adulto, dado que a obra teatral irá precedida dun monólogo ou dunha narración.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Pamplona acolle a festa en favor do ensino público en éuscaro

Sortzen Ikasbatuaz celebra a festa a favor do ensino público en éuscaro coa que este ano tamén quere rexeitar os recortes educativos propostos en Navarra e que "van incidir negativamente na calidade do ensino".

Fonte: Europa Press

Navarra

O concello de Pamplona destina 1.728 euros a axudas para aprender éuscaro en colexios internados

O Concello de Pamplona destina 1.728 euros a axudas pola asistencia a cursos de aprendizaxe de éuscaro en réxime de internado en 2012 (barnetegis), unhas subvencións que os veciños da capital poden solicitar ata o 12 de novembro.

Fonte: ABC

Navarra

O Instituto Navarro de Promoción de Estudos Sociais volve organizar talleres infantís en éuscaro

O Instituto Navarro de Promoción de Estudos Sociais IPES Elkartea volverá organizar o próximo mes de agosto os seus talleres infantís en éuscaro, co fin de que rapaces que estudaron no mínimo un curso no modelo D reforcen o idioma no verán mentres se divirten.

Fonte: 20 minutos

Navarra

O Goberno de Navarra publica na súa web a versión en éuscaro de Lex Navarra

O Goberno de Navarra publicou no seu portal web (www.navarra.es) a versión en éuscaro de Lex Navarra, un catálogo que compila as normas políticas e administrativas da Comunidade Foral, permanentemente actualizadas.

Fonte: ABC

Navarra

Un dicionario recupera o éuscaro que se falaba en Guesálaz ata o século XIX

Un dicionario elaborado polo lingüista Aitor Arana recolle moitos dos termos en éuscaro que se utilizaban no val de Guesálaz e en Salinas de Oro nos séculos XVIII e XIX.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Detectan erros nos carteis de sinalización en éuscaro da Volta a España

O trato do éuscaro na Volta a España deixou imaxes como a de varias vallas indicando a saída de Pamplona en lingua vasca coas palabras “hirico irteera”, en lugar de “hiriko irteera”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O curso escolar comeza nas escolas infantís de Pamplona con só dous centros que ofrecen éuscaro

As trece escolas infantís do Concello de Pamplona abriron as súas portas para 1134 alumnos do ciclo 0-3. O servizo en éuscaro segue limitado a dous centros da zona da Chantrea.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra subvencionará con 50 000 euros o Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos

O Goberno de Navarra subvencionará con 50 000 euros o Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos da Asociación de Persoas Xordas de Navarra (ASORNA), composto por profesionais titulados. ASORNA comprométese a cambio a facilitar a calquera persoa xorda ou oínte de Navarra, e a calquera entidade pública ou privada que o solicite, un intérprete de lingua de signos.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Planetario de Pamplona lanza unha versión en inglés do programa ‘Escola de Estrelas’

O Planetario de Pamplona porá en marcha este ano ‘School of Stars’, a versión en inglés do programa escolar ‘Escola de Estrelas', que este curso 2012-2013 cumpre o seu vixésimo aniversario.

Fonte: Europa Press

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder