Navarra

O colectivo Mintzakide busca o apoio da sociedade navarra para fortalecer o seu proxecto de fomento do éuscaro

Co fin de fomentar a conversa en éuscaro xurdiu Mintzakide, un grupo de encontro e contacto entre persoas ás que lles interesa manter e practicar conversa en éuscaro. Hai máis dun mes, a organización iniciou unha campaña de crowdfunding co fin de recadar fondos para manter este proxecto e pór en marcha unha páxina web que estabeleza unha axenda coa actividade de todos os grupos de conversa de Pamplona e a comarca e que, ademais, sirva de punto de encontro para falantes de éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Orkoien dotará con 2000 euros as bolsas para estudar éuscaro

O Servizo Municipal de Éuscaro publica unha convocatoria de bolsas que se rexerá por fomentar a aprendizaxe e o uso do éuscaro entre a poboación de Orkoien mediante a concesión de bolsas para estudar aqueles cursos de éuscaro que se impartan entre o 1 de xullo de 2013 e o 30 de xuño de 2014, tanto en réxime extensivo (presencial e a distancia ou de autoaprendizaxe), como intensivo (mesmo internados).

Fonte: Pamplona actual

Navarra

O municipio navarro de Larraga aproba unha orde para fomentar o éuscaro

O Concello de Larraga vén de aprobar inicialmente unha nova Orde reguladora do uso e fomento do éuscaro no ámbito municipal. O seu obxectivo é “fomentar o coñecemento e uso do éuscaro” para lograr, deste modo, que aumente “o número de persoas falantes de éuscaro no municipio, en beneficio do inestimable patrimonio cultural que representa a lingua vasca en Navarra”, así como “fomentar o uso do éuscaro de cara a ofrecer a oportunidade de vivir en éuscaro á veciñanza de Larraga que así o desexe”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno foral valora saber inglés para ser técnico ou xestor de Facenda e esquécese do éuscaro

O Goberno foral valora o coñecemento do inglés para traballar como técnico ou xestor de Facenda na Administración Pública de Navarra e, no entanto, non concede punto ningún por saber éuscaro, lingua cooficial en boa parte do territorio.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Alumnos de dúas ikastolas navarras gravan un vídeo a prol do éuscaro

Os alumnos de Iñigo Aritza Ikastola e Txioka Haur Ikastola de Alasua gravaron un vídeo clip a favor do éuscaro. Co título Euskara da Euskal Herri, colgouse na rede a pasada fin de semana. Desde entón, recibiu máis de 5000 visitas.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O sindicato UXT censura a obriga de saber éuscaro en empregos da comarca navarra da Barranca

UXT da Barranca e Burunda, censura a obriga de saber éuscaro como requisito indispensable en determinadas convocatorias de emprego realizadas por concellos e a Mancomunidade de Sakana. A opinión do seu responsable comarcal, David Medina, é que tal esixencia resulta “discriminatoria” para aspirantes que descoñecen ou non acadan o perfil lingüístico requirido nas probas de acceso.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Parlamento navarro rexeita unha moción de apoio á extensión do éuscaro na comunidade

A Xunta de Portavoces rexeitou unha proposta de declaración institucional para que o Parlamento de Navarra mostrara a súa vontade favorable a que a maioría dos cidadáns da comunidade aprendan éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Convocan outra marcha a prol do éuscaro en Navarra

Persoas de diferentes ámbitos realizaron un chamamento á comunidade euscalduna e vasquista para saír ás rúas de Pamplona o vindeiro 22 de marzo para defender o seu dereito a vivir en éuscaro a «a pesar dos ataques do Goberno de Navarra».

Fonte: Diario Vasco

Navarra

Colectivos navarros denuncian a falta de escolas infantís en éuscaro

Tal e como sinalaron estes colectivos nun comunicado, en Pamplona existen 18 escolas infantís públicas (0 a 3 años) e unicamente dúas delas ofertan o seu servizo en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O ensino público en éuscaro resiste e rexistra case 1300 solicitudes en Navarra

O ensino público en éuscaro resiste e rexistra preto de 1300 solicitudes de escolares de 3 anos para o próximo curso. Uns datos que supoñen un descenso do 5 % con respecto aos contabilizados no período de prematrícula do pasado ano.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder