Navarra

O Valedor do Pobo de Navarra proponlle ao Goberno foral que potencie o vasco na zona mixta

O Valedor do Pobo de Navarra, Javier Enériz, recomendoulle ao Goberno foral que elabore un regulamento para desenvolver a Lei foral do vasco e cubra as "lagoas" que presenta esta lei na zona mixta, para potenciar, desenvolver e fomentar o uso do vasco nesta zona, que é onde se centra o maior número de habitantes de Navarra, "gran parte deles falantes de vasco", observou o Valedor.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Pais da zona non vascófona de Navarra convocan unha manifestación en Pamplona por "unha escolarización en éuscaro"

Un grupo de pais da zona non vascófona convocou unha manifestación para o domingo 28 de marzo en Pamplona, para reivindicar o seu "dereito a escolarizar os nenos en éuscaro" e esixirlle ao Goberno de Navarra "os mesmos dereitos" que os pais da zona vascófona e mixta.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Asociacións e cidadáns reclaman o "dereito a vivir en éuscaro" en Navarra

Cerca dun centenar de persoas fixo público un manifesto, impulsado por Euskararen Gizarte Erakunden Kontseilua, no que piden que se respecte o seu "dereito a vivir en éuscaro en Navarra". Este será, precisamente, o lema da manifestación que convocaron para o próximo día 15 de maio en Pamplona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Nafarroa Bai esixe recursos para garantir a elección do modelo lingüístico D en toda Navarra

Nafarroa Bai esixiulle ao Goberno foral a implantación do modelo D na rede pública de toda Navarra e reivindicou o "dereito das familias a elixir en liberdade" o modelo lingüístico para os seus fillos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Parlamento navarro pide unha radio pública en éuscaro a través dun acordo con RTVE

O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción do Partido Socialista Navarro pola que se insta o Goberno da comunidade a que elabore e poña en marcha un plan de dinamización e desenvolvemento do sector audiovisual, incluíndo a creación dunha radio pública en éuscaro a través dun acordo coa corporación de RTVE.

Fonte: 20minutos

Navarra

Unhas 3.000 persoas maniféstanse en Pamplona a favor do éuscaro

Miles de persoas, unhas 3.000 segundo a organización, manifestáronse o día 28 de marzo en Pamplona, convocadas por pais e nais da zona non vascófona, para esixir a plena oficialidade do éuscaro en todo o territorio de Navarra.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Dous terzos da poboación avogan por que o ensino en éuscaro se oferte en toda Navarra

O último estudo elaborado polo Departamento de Educación reflicte que dous terzos da poboación enquisada avoga por que o ensino en éuscaro se oferte en toda Navarra. Unha petición que é totalmente maioritaria na zona vascófona (o 82% dos seus habitantes) pero tamén alcanza porcentaxes elevadas na zona mixta (67,5%) e a non vascófona (61%).

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Aumenta un 38 % en cinco anos o número de alumnos que cursa materias en éuscaro na Universidade Pública de Navarra

Os alumnos matriculados nalgunha das materias que se ofertan en éuscaro na Universidade Pública de Navarra aumentaron un 38 % nos últimos cinco cursos académicos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A manifestación que reivindica o dereito a vivir en éuscaro en Navarra conta xa con 1.600 adhesións

A manifestación que o vindeiro sábado 15 de maio reivindicará polas rúas de Pamplona o dereito a vivir en éuscaro na Comunidade Foral segue recibindo apoios procedentes de todos os ámbitos da sociedade navarra.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno foral destina 149.000 euros para financiar actividades da Real Academia da Lingua Vasca en Navarra

O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia prorrogaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións para 2010, segundo o cal o Executivo foral destinará 149.000 euros para financiar as actividades referentes ao éuscaro que a academia desenvolve en Navarra.

Fonte: 20minutos

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder