Navarra
O 71% das empresas navarras imparte formación lingüística aos seus traballadores
O 71 % das empresas realizou algún tipo de actividade de formación lingüística nos últimos tres anos dirixida a traballadores, segundo revelan os datos do diagnóstico realizado dentro do programa Lingua Empresa que promove o Goberno de Navarra.
Fonte: Europa Press
Comeza en Tudela a Korrika, unha carreira a prol do éuscaro
A décimo sexta edición da Korrika botará a andar o 26 de marzo en Tudela e acabará once días despois en Vitoria. É a primeira vez que a popular carreira organizada por AEK arrinca nesta localidade navarra.
Fonte: El Correo Digital
O Parlamento de Navarra insta o Goberno foral a valorar a implantación dunha emisora en éuscaro
A comisión de Educación aprobou, coa oposición de Unión del Pueblo Navarro, unha resolución pola que se insta o Goberno de Navarra a valorar a implantación dunha emisora de radio que emita integramente en éuscaro.
Fonte: Finanzas
O comisario de Multilingüismo da UE aposta por que os europeos "aprendan idiomas diferentes" e "non só o inglés"
O comisario de Multilingüismo da Unión Europea, Leonard Orban, considera que os europeos "deben aprender idiomas diferentes" e "non só o inglés", ao existir dentro da comunidade "unha riqueza enorme" de linguas que "deberían ser aprendidas". Orban pronunciouse así nunha rolda de prensa que ofreceu en Pamplona, con motivo da súa visita a Navarra.
Fonte: Europa Press
Case o 30% dos alumnos de primeiro de infantil en Navarra estudará en éuscaro
O 29,33% dos escolares navarros prematriculados en primeiro de infantil o vindeiro curso, tanto en colexios públicos coma privados, estudarán en éuscaro.
Fonte: Europa Press
Varios concellos de Navarra farán un ficheiro cos habitantes que falan éuscaro
Os concellos de Huarte e do Valle de Aranguren están preparando un ficheiro de veciños que falen éuscaro para, segundo explican, poder organizar actividades con "maior eficacia".
Fonte: Diario de Navarra
Nafarroa Bai pide que se estableza o requisito ou mérito do éuscaro nas convocatorias de emprego público
Nafarroa Bai rexistrou no Parlamento foral dúas mocións que instan o Goberno de Navarra a establecer nas súas convocatorias de emprego público o requisito ou mérito do éuscaro de forma progresiva e a alcanzar un acordo co Goberno central para impulsar o coñecemento do éuscaro entre os traballadores da Administración do Estado en Navarra.
Fonte: Ya.com
A Cámara navarra esíxelle ao Goberno foral que deixe de defender o decreto ilegal do éuscaro
O Parlamento de Navarra esixiulle ao Goberno foral que deixe de defender o decreto foral 29/2003 que regula o emprego do éuscaro na Administración e que inclúe catro artigos anulados en doce sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Tribunal Supremo confirma a anulación de varios artigos do decreto foral sobre o uso do éuscaro na Administración
O Tribunal Supremo desestimou un recurso presentado polo Goberno de Navarra e confirmou a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Navarra pola que se anularon varios artigos do Decreto foral 29/2003 sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra.
Fonte: Europa Press
O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea proponse para 2012 aumentar un 3 % as matrículas escolares en éuscaro
Incrementar nun 3 % (do 48 % ao 51 %) as matriculacións escolares en modelos de éuscaro para o ano 2012 é unha das metas do Plan estratéxico de Euskarabidea (2009-2012), cuxo borrador se presenta ante o Consello Navarro do Éuscaro. Este documento recolle así mesmo aumentar un 115 % a dotación económica para prestixiar o éuscaro e facelo atractivo.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín