Navarra
A revista dixital e multimedia en éuscaro Ttap chega a Navarra
Ttap chega a Navarra despois de dar os seus primeiros pasos en Biscaia e Guipúscoa e, se funciona ben, terá unha edición nesta comunidade no ano 2019.
Fonte: Noticias de Navarra
Euskarabidea destina 150 000 euros para cursos de éuscaro dirixidos a persoas adultas
O Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, convoca axudas para a aprendizaxe desta lingua entre persoas adultas. Esta nova iniciativa forma parte dos obxectivos presentes no I Plan Estratéxico do Éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O colectivo Kontseilua defende a oficialidade do éuscaro en Navarra

O Consello de Organizacións Sociais do Éuscaro, Kontseilua, defende que a lei foral relativa a esta lingua inclúa principios fundamentais como son a oficialidade, a normalización lingüística e os dereitos lingüísticos.
Fonte: Noticias de Navarra
Osasuna asina un convenio con AEK para mellorar a xestión lingüística
Osasuna asinou un convenio con AEK co obxectivo de traballar conxuntamente nun plan que inclúe actividades como charlas de motivación e sensibilización ou clases de éuscaro para persoal do club e xogadores.
Fonte: Diario de Navarra
O Parlamento de Navarra aproba unha declaración institucional para defender o valor do éuscaro
Esta declaración, aprobada polo Parlamento de Navarra, defende o valor do euskera batua como un utensilio imprescindible á hora de estender a lingua a moitos ámbitos da sociedade. Tamén se resalta o labor da Academia da Lingua Vasca que loita pola unidade do éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O persoal técnico de éuscaro propón que todos os concellos navarros sexan bilingües
A Rede de Técnicos Municipais de Éuscaro, integrada por 34 profesionais, propuxo no Parlamento foral que todos os concellos navarros no prazo de 50 anos presten os seus servizos tanto en castelán como en éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pamplona e Euskaltzaindia asinan un convenio para fomentar o uso do éuscaro na cidade
O Consistorio donará 12 000 euros durante este ano para axudar a Real Academia da Lingua Vasca a realizar actuacións que promovan o éuscaro entre a cidadanía e para mellorar a calidade no uso desta lingua.
Fonte: ABC
Organizacións de educación en éuscaro reclaman cambios lexislativos para que esta lingua sexa oficial en todo o territorio navarro
Sortzen e a Federación de Ikastolas de Navarra demandaron no Parlamento foral cambios na Lei do éuscaro, para superar a zonificación e conseguir a oficialidade desta lingua en todo o territorio.
Fonte: Noticias de Navarra
O éuscaro contará como mérito para acceder a un posto na Administración na zona non vascófona de Navarra
O Executivo foral traballa para que nas convocatorias de postos de traballo para a Administración na zona non vascófona o éuscaro conte como mérito, igual que acontece co inglés, o francés e o alemán.
Fonte: Navarra.com
Piden que a nova lei foral declare o éuscaro como lingua propia de Navarra
Representantes de Euskaltzaindia pediron no Parlamento que a nova lei foral se asente no principio de que o éuscaro é lingua propia de Navarra e que se elimine a actual zonificación lingüística.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín