Navarra

As persoas adultas que estudan éuscaro en Navarra aumentan un 7,2 %

Segundo a información compartida polos centros de aprendizaxe públicos, as escolas oficiais de idiomas e os centros de iniciativa social, o número de alumnos adultos pasou dos 5931 durante o curso 2017/2018 aos 6358 de 2018/2019.

Fonte: Noticias de Navarra 

Navarra

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula a valoración do éuscaro como mérito nalgunhas zonas da Comunidade Foral

O éuscaro xa non poderá ser valorado como mérito nas zonas mixta e non vascófona de Navarra. Estímase así o recurso posto por varios sindicatos contra o Decreto do éuscaro e anúlanse, entre outros, artigos sobre o bilingüismo en comunicación, anuncios, rotulación, publicidade e similares.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

Navarra

Euskaltzaindia e o Parlamento navarro continuarán colaborando para visibilizar o éuscaro mediante proxectos educativos, culturais e etnográficos

Membros do Parlamento de Navarra e da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia mantiveron unha reunión para planificar as colaboracións entre ambas as institucións, na que se comprometeron, entre outras cuestións, a continuar dándolle visibilidade ao éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Resólvense en Pamplona as axudas para a promoción do éuscaro dirixidas a entidades sen ánimo de lucro

Os 90 000 euros desta partida foron finalmente repartidos entre 22 proxectos para a normalización do éuscaro presentados por 14 entidades distintas. Cada un recibiu entre 430 e 16 000 euros de axuda.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Concello de Pamplona realizará unha consulta pública sobre a súa ordenanza do éuscaro

A través desta consulta pública coñecerase a opinión da cidadanía sobre a posible modificación da ordenanza que regula a utilización e o fomento do éuscaro no ámbito do consistorio e o seu sector público.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Dúas mancomunidades navarras presentan un documental para animar a aprender éuscaro

As Mancomunidades de Éuscaro de Bortziriak e de Malerreka colaboraron na produción dun documental con testemuños de alumnos dos seus euskaltegis que se presentará para a campaña de matriculación no novo curso.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Comeza unha campaña para promover o coñecemento da diversidade lingüística de Navarra

O Instituto Navarro do Éuscaro é o impulsor de A que soa Navarra?, unha campaña que se celebra con motivo do Día Europeo das Linguas e a través da que se realizarán actividades que teñen como obxectivo a difusión da diversidade lingüística e o fomento da aprendizaxe de linguas en varias localidades da comunidade foral, ademais de nos medios de comunicación.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Departamento navarro de Educación reedita os programas educativos para mellorar a competencia oral en éuscaro

Durante o mes de setembro reeditaranse varios programas educativos que teñen como obxectivo fomentar a oralidade, o gusto pola lectura e a música e a transmisión da cultura vasca entre o alumnado.

Fonte: 20minutos

Navarra

O Goberno navarro lanza unha campaña para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre a poboación adulta

Baixo o lema 'Non perdas a oportunidade de aprender éuscaro', o Goberno de Navarra, en colaboración con 33 entidades locais e os euskaltegis, pon en marcha unha campaña para animar a poboación adulta a aprender esta lingua.  

Fonte: La Vanguardia

Navarra

O alcalde de Pamplona anuncia que se definirá un novo modelo lingüístico nas escolas infantís de 0 a 3 anos

O alcalde de Pamplona, Enrique Maya, considera excesiva a oferta en éuscaro nas escolas infantís de 0 a 3 anos. Por este motivo, anunciou a súa intención de definir un novo modelo lingüístico que se adecúe ás demandas reais das familias.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder