Navarra
A presidenta do Goberno de Navarra asegura que modificará o decreto do éuscaro
Nunha entrevista concedida a Navarra Televisión, María Chivite confirmou que quere modificar o decreto do éuscaro, pero con maior consenso social, político e sindical.
Fonte: NaTV
O prazo para inscribirse no certame literario en éuscaro do Concello de Pamplona estará aberto ata o 5 de novembro
Dirixido a autores e autoras noveis, este concurso conta con tres modalidades: poesía, narración e bertso-paperak, que repartirán ata tres premios cada unha.
Fonte: Diario de Navarra
Arredor de 300 nenos e nenas participan no programa de ocio en éuscaro de Altsasu
O programa de inmersión en éuscaro Aisiz blai da localidade navarra de Altsasu está coordinado pola ludoteca municipal e tratará de reforzar o uso do éuscaro durante o verán e axudar así as familias a conciliar a vida familiar e laboral.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Pamplona organiza un concurso literario en éuscaro
O concurso divídese en tres categorías: poesía, narración e bertso-paperak (bertsolarismo), e está dirixido a autores e autoras noveis. En total, este certame repartirá 13 000 euros en premios.
Fonte: Noticias de Navarra
Critican os perfís lingüísticos esixidos para determinadas prazas da Policía Foral de Navarra
Os sindicatos CSIF e APF critican a decisión de esixir o coñecemento de éuscaro nalgunhas prazas na Administración e na Policía Foral.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha asociación navarra reclama un incremento das escolas infantís en éuscaro en Pamplona
O grupo Administrazioan Euskaraz Talde (AET) sinala que a oferta do Concello de Pamplona e do Goberno de Navarra non cobre a demanda do modelo de éuscaro nas escolas infantís da cidade.
Fonte: Navarra.com
O Goberno Foral de Navarra abre a convocatoria dun programa de inmersión lingüística en éuscaro para a mocidade
O Goberno Foral abre a convocatoria dun programa de inmersión lingüística denominado Estancias para vivir en éuscaro. Dirixido ao alumnado de 3º de educación primaria a 4º de educación secundaria, habilítanse ata 1050 prazas.
Fonte: Noticias de Navarra
A localidade navarra de Sangüesa celebra Eskararen Eguna, a súa festa do éuscaro
Baixo o lema 'Etsi, euskarari eutsi' ("Non deixes de tentalo, empuxa o éuscaro"), a organización Bi Haizetara celebra este ano a reivindicativa festa, co obxectivo de dinamizar esta lingua. Este ano, decimo sétimo no que se realiza o evento, a importancia recae especialmente na renovación do grupo que participa nas actividades, grazas á integración activa de cada vez máis persoas novas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra resolve a concesión de axudas a medios de comunicación para a promoción do uso do éuscaro
En total, repartíronse 680 000 euros, o que supón un incremento do 134% con respecto ao ano pasado. Nesta ocasión, dividíronse entre 24 empresas, responsables de xornais, revistas, emisoras de radio ou medios en liña.
Fonte: Diario de Navarra
Entidades locais de Navarra crean unha web destinada a persoas que queren aprender éuscaro

Entidades locais de Navarra crearon, a través dos seus servizos de éuscaro, a páxina web 'elaide.eus', dirixida a quen queira coñecer o idioma. Trátase dunha plataforma que ofrece apoio e recursos a quen está a aprender esta lingua, co fin último de pór o éuscaro e a cultura euscalduna ao alcance das persoas interesadas.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín