Navarra
O colectivo Kontseilua defende a oficialidade do éuscaro en Navarra

O Consello de Organizacións Sociais do Éuscaro, Kontseilua, defende que a lei foral relativa a esta lingua inclúa principios fundamentais como son a oficialidade, a normalización lingüística e os dereitos lingüísticos.
Fonte: Noticias de Navarra
Osasuna asina un convenio con AEK para mellorar a xestión lingüística
Osasuna asinou un convenio con AEK co obxectivo de traballar conxuntamente nun plan que inclúe actividades como charlas de motivación e sensibilización ou clases de éuscaro para persoal do club e xogadores.
Fonte: Diario de Navarra
O Parlamento de Navarra aproba unha declaración institucional para defender o valor do éuscaro
Esta declaración, aprobada polo Parlamento de Navarra, defende o valor do euskera batua como un utensilio imprescindible á hora de estender a lingua a moitos ámbitos da sociedade. Tamén se resalta o labor da Academia da Lingua Vasca que loita pola unidade do éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O persoal técnico de éuscaro propón que todos os concellos navarros sexan bilingües
A Rede de Técnicos Municipais de Éuscaro, integrada por 34 profesionais, propuxo no Parlamento foral que todos os concellos navarros no prazo de 50 anos presten os seus servizos tanto en castelán como en éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pamplona e Euskaltzaindia asinan un convenio para fomentar o uso do éuscaro na cidade
O Consistorio donará 12 000 euros durante este ano para axudar a Real Academia da Lingua Vasca a realizar actuacións que promovan o éuscaro entre a cidadanía e para mellorar a calidade no uso desta lingua.
Fonte: ABC
Organizacións de educación en éuscaro reclaman cambios lexislativos para que esta lingua sexa oficial en todo o territorio navarro
Sortzen e a Federación de Ikastolas de Navarra demandaron no Parlamento foral cambios na Lei do éuscaro, para superar a zonificación e conseguir a oficialidade desta lingua en todo o territorio.
Fonte: Noticias de Navarra
O éuscaro contará como mérito para acceder a un posto na Administración na zona non vascófona de Navarra
O Executivo foral traballa para que nas convocatorias de postos de traballo para a Administración na zona non vascófona o éuscaro conte como mérito, igual que acontece co inglés, o francés e o alemán.
Fonte: Navarra.com
Piden que a nova lei foral declare o éuscaro como lingua propia de Navarra
Representantes de Euskaltzaindia pediron no Parlamento que a nova lei foral se asente no principio de que o éuscaro é lingua propia de Navarra e que se elimine a actual zonificación lingüística.
Fonte: Diario de Navarra
O Goberno de Navarra pon en marcha unha nova campaña para impulsar a aprendizaxe do éuscaro

O Goberno de Navarra, xunto con 35 entidades locais e os euskaltegis, inicia a campaña "Dale like al euskera/Eman like Euskarari" para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas.
Fonte: Diario de Navarra
Catro centros poderán usar o éuscaro no IX Torneo de Debate de Bacharelato que se organiza en Navarra
A Universidade Pública de Navarra e o Parlamento foral organizan o o IX Torneo de Debate de Bacharelato os días 26 e 27 de outubro no que, por primeira vez, ata catro centros poderán debater en éuscaro, fronte aos 16 que poderán facelo na modalidade en castelán.
Fonte: Navarra.com
Boletín
Subscríbase ao boletín