País Vasco
O Goberno vasco aproba os criterios de uso das linguas oficiais

Os «Criterios de uso das linguas oficiais no Goberno vasco» teñen como obxectivo fomentar e facilitar o emprego do éuscaro nas actividades internas e externas da Administración.
Fonte: Gasteiz Berri
O Instituto Vasco Etxepare convoca prazas de lectores de éuscaro en centros de Alemaña ou EUA
Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a selección de varias prazas de lector de éuscaro e cultura vasca en universidades de Alemaña, Francia, Estados Unidos e Xeorxia.
Fonte: Noticias de Álava
O proxecto Ekin desenvolve mecanismos de interacción con máquinas en éuscaro

O proxecto Ekin, financiado por Spri, ten como obxectivo desenvolver mecanismos de interacción en éuscaro entre traballadores/as e máquinas. Recentemente presentóuselles aos grupos da plataforma Indeus, para conseguir documentación en lingua vasca e obter así o corpus necesario para a integración das solucións.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Catro concellos vascos inician unha campaña para animar a cidadanía a facer a declaración da renda en éuscaro
Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia convidan as persoas contribuíntes de Oarsoaldea a que realicen a declaración da renda en éuscaro e a relacionarse coa facenda foral nesta lingua.
Fonte: El Diario Vasco
O Goberno vasco renova os seus convenios de colaboración en materia lingüística con Euskararen Erakunde Publikoa e Euskaltzaindia
O Goberno vasco aprobou a renovación do convenio marco con Euskararen Erakunde Publikoa de Iparralde que establece a colaboración transfronteiriza en materia de política lingüística sobre o éuscaro. Así mesmo, aprobou tamén o convenio coas deputacións forais e Euskaltzaindia para a investigación e a difusión da lingua vasca.
Fonte: Gobierno Vasco
Preséntase a aplicación Txikipedia, unha wikipedia en éuscaro dirixida ao alumnado de entre 8 e 12 anos

O Goberno vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea presentan a aplicación Txikipedia, desenvolvida por CodeSyntax. Trátase dunha wikipedia en éuscaro dirixida ao alumnado de primaria que na actualidade inclúe máis de 3000 artigos, un número que vai en aumento grazas ao traballo realizado nas escolas.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco destinará 515 000 euros ás publicacións en éuscaro

O Departamento de Cultura destinará 640 000 euros a axudas para a promoción da edición literaria, dos cales 515 000 serán para publicacións en éuscaro e 125 000, en castelán.
Fonte: El Diario Vasco
A Deputación Foral de Biscaia ofrécelle ao seu persoal un programa para practicar éuscaro por medios telemáticos
A Deputación Foral de Biscaia organizará unha segunda edición do programa Berbanet, para que o seu persoal teña a posibilidade de practicar éuscaro a través de medios telemáticos co obxectivo de que mellore a fluidez e consolide o hábito de falar esta lingua.
Fonte: Deia
Máis de 1100 persoas da comarca de Buruntzaldea xa sacaron o carné de conducir en éuscaro
Os seis concellos que forman a comarca de Buruntzaldea (Urnieta, Andoain, Astigarraga, Hernani, Lasarte-Oria e Usurbil) levan anos traballando coas autoescolas para animar o alumnado destas a que saquen o carné B1 en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
Convócanse as bolsas Berdintzen para investigacións sobre o éuscaro e a igualdade de xénero
O Goberno vasco pon en marcha o programa Berdintzen 2021 para a realización de estudos sobre o éuscaro e a igualdade de xénero. En total convoca catro bolsas de 7500 euros cada unha.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín