País Vasco
O Goberno vasco destina 1,3 millóns de euros a axudas para proxectos de promoción do éuscaro
Esta convocatoria de axudas, denominada Euskalgintza, ten como obxectivo o desenvolvemento ao longo do ano 2021 de proxectos de promoción e normalización do éuscaro na vida social.
Fonte: Gobierno Vasco
O servizo de atención cidadá Zuzenean consegue o certificado de calidade do éuscaro Bikain
Zuzenean conseguiu o certificado de calidade do éuscaro Bikain como recoñecemento ao seu compromiso e o do seu persoal co éuscaro que garante o dereito da cidadanía vasca a empregar esta lingua ou o castelán na súa relación coa Administración.
Fonte: Noticias de Navarra
Seis concellos vascos únense nunha plataforma para ofrecer e solicitar traballo en éuscaro
Portugalete, Basauri, Erandio, Getxo, Orduña e Galdakao forman parte da plataforma dixital Beharsarea, unha ferramenta para ofrecer e solicitar traballo en éuscaro. Trátase dunha web que funciona como un taboleiro de anuncios virtual que ao mesmo tempo fomenta o uso desta lingua no ámbito laboral.
Fonte: El Correo
O Goberno do País Vasco convoca axudas para promover o éuscaro nos medios de comunicación en castelán

O importe total das subvencións para incrementar o uso do éuscaro é dun millón de euros e vai dirixido á prensa diaria, ás edicións dixitais e ás emisoras de radio que utilizan principalmente o castelán.
Fonte: Segres
O premio Etxepare-Laboral Kutxa outorga 4000 euros á mellor tradución dunha obra literaria escrita orixinalmente en éuscaro
Este galardón ten como obxectivo darlles visibilidade internacional a obras de autoras e autores vascos. O Instituto Etxepare comunicou que poderán presentarse os tradutores, as tradutoras e as editoriais internacionais que presenten unha tradución dunha obra literaria escrita e publicada en éuscaro no ano 2020.
Fonte: El Diario Vasco
Nace unha nova plataforma de contidos audiovisuais en éuscaro

A EITB e Euskaltel presentan Euskalteka, o novo servizo integrado na televisión que ten como obxectivo promover os contidos audiovisuais creados en éuscaro e a cultura do País Vasco. A plataforma inclúe máis de 300 horas de programas de éxito da EITB de distintos xéneros e para todos os públicos.
Fonte: Cine y Tele
O Goberno vasco presenta o seu informe 2021-2024 para promover o uso do éuscaro na contorna dixital
O informe foi elaborado pola Comisión Especial do Consello Asesor do Éuscaro e ten como obxectivo fomentar os contidos dixitais en éuscaro no sector audiovisual de ocio, no ámbito académico e nos medios de comunicación dixitais. Tamén busca garantir a difusión de ferramentas e de recursos dixitais nesta lingua.
Fonte: El Diario
Un total de 1200 adolescentes entra no mundo audiovisual en éuscaro grazas ao proxecto “Hi Gazte!”
Os obxectivos do proxecto da Dirección de Igualdade Lingüística da Deputación Foral de Gipuzkoa son fomentar a creación audiovisual na mocidade entre 14 e 16 anos e que adquiran o hábito de traballar, difundir e consumir produtos en éuscaro.
Fonte: DDonosti
A EITB presenta o seu proxecto de creación dunha plataforma audiovisual con contidos en éuscaro

O obxectivo da EITB é ampliar a súa presenza a espazos dixitais para que a mocidade consuma o éuscaro a través dunha plataforma na que se pode ver a produción audiovisual da televisión pública vasca e as películas, as series, os documentais e os espectáculos que se crean no País Vasco.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Elhuyar e a Fundación PuntuEUS colaboran para fomentar o uso do éuscaro en internet

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Internet, Elhuyar e a Fundación PuntuEUS aproveitan a intelixencia artificial para reforzar a presenza do éuscaro na rede a través da creación de ferramentas para traducir páxinas web a esta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín