País Vasco
Desenvolven unha ferramenta que permite coñecer o nivel de éuscaro dos centros de traballo

A asociación Laneki e a Deputación Foral de Guipúscoa crearon unha ferramenta de autodiagnóstico para medir o nivel de éuscaro nos centros de traballo a través dun cuestionario de 30 preguntas breves que permite obter unha primeira aproximación ao nivel de presenza desta lingua na empresa.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O sistema vasco de saúde traballa para rexistrar a preferencia lingüística do 71 % da poboación o vindeiro ano
O Goberno vasco, co obxectivo de promover o uso do éuscaro como lingua de traballo do persoal sanitario así como na súa relación coa cidadanía, aspira a rexistrar a preferencia lingüística do 71 % da poboación o vindeiro ano, o que equivale a 1,5 millóns de persoas.
Fonte: El Independiente
O Concello de Azpeitia impulsa un proxecto que une diversidade cultural e éuscaro
O Concello de Azpeitia buscar relacionar os habitantes da localidade coas persoas que chegan de fóra usando como punto de unión o éuscaro mediante a creación de parellas lingüísticas para poder reunirse, establecer unha conversa ou practicar o idioma.
Fonte: El Diario Vasco
O Grupo Fagor recibe un galardón por fomentar o uso do éuscaro no ámbito laboral
A Deputación Foral de Guipúscoa entrega desde 1996 o premio Abbadia que recoñece o labor de persoas e entidades a prol da promoción do éuscaro. Este ano o galardón recaeu no Grupo Fagor, un exemplo na xestión lingüística e que ten a promoción da lingua vasca como parte da súa responsabilidade empresarial.
Fonte: El Diario Vasco
Centros de ensino de éuscaro proban unha nova metodoloxía para testar a posibilidade de entender esta lingua en 60 horas

Unha vintena de centros de ensino de éuscaro están a proban a metodoloxía Uler-Saioak para testar a posibilidade de comprender esta lingua a un nivel básico de apenas 60 horas.
Fonte: La Vanguardia
Un novo estudo analiza o impacto que ten a adquisición do éuscaro como segunda lingua na estrutura e a funcionalidade cerebral
O Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) traballa neste novo estudo co que intentarán extraer conclusións aplicables a outros ámbitos científicos non vinculados coa linguaxe, como poder predicir a evolución dunha persoa con lesións cerebrais.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno vasco presenta unha campaña para fomentar o uso do éuscaro no ámbito dixital

O Goberno vasco presentou “Zure hatz marka euskaraz” (A túa pegada en éuscaro), unha campaña que ten como obxectivo impulsar o uso desta lingua no ámbito dixital en dous eixes: nos contidos que crea a mocidade para as redes sociais e na configuración dos dispositivos.
Fonte: Gobierno Vasco
Super Woden GP e Nuclear Blaze súmanse á lista de videoxogos traducidos ao éuscaro
Woden GP (ViJuDa) e Nuclear Blaze (Deepnight Games) sumáronse á listaxe de videoxogos traducidos ao éuscaro grazas ao traballo de localización de membros de Gamerauntsia, comunidade que traduciu a maioría de xogos para consola, ordenadores e móbiles aos que se pode xogar nesta lingua.
Fonte: Videojuegos Vascos
Recorren a bolsa de emprego para cubrir interinidades de policías locais por esixir o nivel B2 de éuscaro
O sindicato CC. OO. presentou un recurso contra a bolsa de emprego para cubrir interinidades nas distintas policías locais porque incumpre a normativa lingüística, xa que esixe o nivel B2 de éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
Nace en Amurrio un novo proxecto para promover o éuscaro entre a cativada
Gurasoleku é un proxecto que ten como obxectivo promover o éuscaro e impulsar a transmisión familiar desta lingua nas familias con nenas e nenos de ata 5 anos. Iniciouse en varios centros de ensino de Amurrio, aínda que a idea é ampliar a iniciativa a outros municipios.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín