País Vasco
O Goberno vasco e PuntuEUS promoverán o éuscaro no ámbito dixital

O acordo de colaboración entre o Goberno vasco e PuntuEUS Fundazioa ten como obxectivos, por unha banda, promover o dominio .eus no ámbito socioeconómico e, por outra, fomentar entre a cidadanía o uso do éuscaro nos dispositivos electrónicos.
Fonte: Gobierno Vasco
Publícase un vocabulario básico en éuscaro sobre o cambio climático

A Real Academia da Lingua Vasca publicou Klima-aldaketaren oinarrizko lexikoa, un vocabulario básico sobre o cambio climático que inclúe 25 termos en éuscaro que se foron incorporando progresivamente á linguaxe cotiá.
Fonte: Deia
A Rioxa Arabesa terá a súa propia carreira en defensa do éuscaro
Tras coñecerse que a 22ª edición da Korrika non vai pasar por esta comarca, na Rioxa Arabesa decidiron organizar a súa propia carreira en defensa do éuscaro, que se levará a cabo o 9 de abril e que atravesará varios municipios como Viana, Labastida ou Laguardia.
Fonte: La Rioja
O Concello de Donostia subvencionará os rótulos en éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros
O Concello de Donostia considera fundamental euscaldunizar a paisaxe lingüística do comercio e a hostalería, polo que vai destinar 10 000 euros no ano 2022 para os rótulos externos e internos destes establecementos.
Fonte: Ayuntamiento de Donostia
O Goberno vasco e seis entidades bancarias asinan un acordo para fomentar o uso do éuscaro

Bankoa Abanca, BBVA, Caixabank, Kutxabank, Laboral Kutxa e Rural Kutxa son as seis entidades financeiras que subscribiron este convenio co Goberno vasco co obxectivo de impulsar o uso do éuscaro e garantir os dereitos lingüísticos da clientela.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O novo pacto educativo vasco avoga polo plurilingüismo e o reforzo do éuscaro nos centros de contornos castelanfalantes

As Bases para un Acordo Educativo presentadas no Parlamento vasco aposta polo actual sistema de modelos lingüísticos para garantir o bilingüismo do alumnado ao finalizar a ESO.
Fonte: Deia
Unha xuíza ordena readmitir unha traballadora que non alcanzou o nivel de éuscaro esixido para o seu posto argumentando que é unha lingua difícil
Unha xuíza ordenoulle ao Concello de Laudio readmitir a unha traballadora que non conseguiu o nivel de éuscaro esixido para o seu posto co argumento de que esta lingua está considerada como a quinta máis difícil do mundo.
Fonte: Deia
Os cursos UEFA de adestrador de fútbol ofertaranse por primeira vez en éuscaro

O Goberno vasco e a Federación Guipuscoana de Fútbol presentaron un acordo de colaboración grazas ao cal os cursos UEFA de adestrador de fútbol se ofertarán por primeira vez nunha lingua minoritaria, o éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Generalitat propón que os centros educativos determinen os criterios para organizar a aprendizaxe de linguas en función da contorna
A Generalitat de Cataluña propón, no borrador do decreto de currículos, que sexan os centros educativos cataláns os que establezan os criterios para organizar a aprendizaxe de linguas tendo en conta a composición lingüística do alumnado e da contorna.
Fonte: El Economista
O Goberno vasco e Euskararen Erakunde Publikoa asinan un convenio para mellorar o tradutor neuronal francés-éuscaro

O convenio entre ambas as institucións permitirá transferirlle ao Goberno vasco o corpus lingüístico da Euskararen Erakunde Publikoa (EEP), co obxectivo de mellorar o tradutor automático neuronal Itzuli que precisa de grandes corpus bilingües de calidade.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín