País Vasco

O Goberno vasco pon en marcha a segunda edición da campaña de fomento do uso do éuscaro no comercio local

Co título «Betikoa Gertukoa. Eskatu euskaraz, eskaini euskaraz», esta campaña de sensibilización, que se enmarca no plan de fomento do éuscaro no ámbito socioeconómico, ten como obxectivo lograr que a primeira palabra no sector comercial se diga nesta lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Desenvolven unha ferramenta que permite coñecer o nivel de éuscaro dos centros de traballo

A asociación Laneki e a Deputación Foral de Guipúscoa crearon unha ferramenta de autodiagnóstico para medir o nivel de éuscaro nos centros de traballo a través dun cuestionario de 30 preguntas breves que permite obter unha primeira aproximación ao nivel de presenza desta lingua na empresa.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O sistema vasco de saúde traballa para rexistrar a preferencia lingüística do 71 % da poboación o vindeiro ano

O Goberno vasco, co obxectivo de promover o uso do éuscaro como lingua de traballo do persoal sanitario así como na súa relación coa cidadanía, aspira a rexistrar a preferencia lingüística do 71 % da poboación o vindeiro ano, o que equivale a 1,5 millóns de persoas.  

Fonte: El Independiente

País Vasco

O Concello de Azpeitia impulsa un proxecto que une diversidade cultural e éuscaro

O Concello de Azpeitia buscar relacionar os habitantes da localidade coas persoas que chegan de fóra usando como punto de unión o éuscaro mediante a creación de parellas lingüísticas para poder reunirse, establecer unha conversa ou practicar o idioma.  

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Grupo Fagor recibe un galardón por fomentar o uso do éuscaro no ámbito laboral

A Deputación Foral de Guipúscoa entrega desde 1996 o premio Abbadia que recoñece o labor de persoas e entidades a prol da promoción do éuscaro. Este ano o galardón recaeu no Grupo Fagor, un exemplo na xestión lingüística e que ten a promoción da lingua vasca como parte da súa responsabilidade empresarial.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Centros de ensino de éuscaro proban unha nova metodoloxía para testar a posibilidade de entender esta lingua en 60 horas

Unha vintena de centros de ensino de éuscaro están a proban a metodoloxía Uler-Saioak para  testar a posibilidade de comprender esta lingua a un nivel básico de apenas 60 horas.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Un novo estudo analiza o impacto que ten a adquisición do éuscaro como segunda lingua na estrutura e a funcionalidade cerebral

O Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) traballa neste novo estudo co que intentarán extraer conclusións aplicables a outros ámbitos científicos non vinculados coa linguaxe, como poder predicir a evolución dunha persoa con lesións cerebrais.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

O Goberno vasco presenta unha campaña para fomentar o uso do éuscaro no ámbito dixital

O Goberno vasco presentou “Zure hatz marka euskaraz” (A túa pegada en éuscaro), unha campaña que ten como obxectivo impulsar o uso desta lingua no ámbito dixital en dous eixes: nos contidos que crea a mocidade para as redes sociais e na configuración dos dispositivos.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Super Woden GP e Nuclear Blaze súmanse á lista de videoxogos traducidos ao éuscaro

Woden GP (ViJuDa) e Nuclear Blaze (Deepnight Games) sumáronse á listaxe de videoxogos traducidos ao éuscaro grazas ao traballo de localización de membros de Gamerauntsia, comunidade  que traduciu a maioría de xogos para consola, ordenadores e móbiles aos que se pode xogar nesta lingua.

Fonte: Videojuegos Vascos

País Vasco

Recorren a bolsa de emprego para cubrir interinidades de policías locais por esixir o nivel B2 de éuscaro

O sindicato CC. OO. presentou un recurso contra a bolsa de emprego para cubrir interinidades nas distintas policías locais porque incumpre a normativa lingüística, xa que esixe o nivel B2 de éuscaro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder