País Vasco

Convócanse bolsas para aprender éuscaro dirixidas á xuventude de Áraba

A Fundación Vital colabora con IKA Gasteiz no financiamento de bolsas para a aprendizaxe do éuscaro á xuventude arabesa de entre 18 e 25 anos e a persoas en situación de vulnerabilidade económica, co obxectivo de fomentar unha formación superior e a inclusión social.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O internado Maizpide organiza a 47ª edición de cursos de verán para aprender éuscaro

O alumnado do internado en Lazkao asiste durante dúas semanas aos cursos intensivos impartidos desde 1975 para aprender éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Amurrio impulsa o uso do éuscaro entre a xuventude cun novo programa

Trátase do programa Euskarabide que se porá en marcha a partir de setembro co obxectivo de que os mozos e as mozas participantes se comuniquen en éuscaro durante actividades de ocio e deportivas.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Un mural en Ordizia reivindica a utilización do éuscaro

A asociación Emaneurre puxo en marcha unha iniciativa para instalar nunha fachada un gran mural de 15 metros de alto e 5 de ancho para chamar a atención e reivindicar a utilización do éuscaro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Aumentan as incidencias relativas a vulneracións dos dereitos lingüísticos no País Vasco

Elebide, o Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco, rexistrou 246 incidencias no ano 2020, 52 máis con respecto a 2019. Un total de 194 queixas corresponde a vulneracións de dereitos de persoas que falan éuscaro.

Fonte: Gobierno vasco

País Vasco

O Concello de Baracaldo convoca axudas para estudar o éuscaro

As axudas van dirixidas ás persoas adultas, con especial atención a pais, comerciantes e xente desempregada, que poderán recibir ata 571 euros para os seus estudos.

Fonte: Barakaldo Digital

País Vasco

Ponse en marcha un estudo que analizará a evolución do éuscaro en Tolosaldea

A asociación Galtzaundi Euskara Taldea iniciou esta investigación para estudar a evolución do éuscaro ao longo dos últimos séculos en Tolosaldea e coñecer a propia historia da comarca. O proxecto levarase a cabo durante tres anos e dividirase en tres fases diferentes.

Fonte: Tolosako Udala

País Vasco

O Concello de Vitoria e a Deputación de Áraba seguirán colaborando para impulsar o uso da lingua vasca

O Concello de Vitoria e a Deputación de Áraba renovan o seu convenio de colaboración para seguir traballando na promoción do éuscaro durante catro anos máis, cunha achega de 75 000 euros ao ano.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

A revista Hermes recolle as oportunidades e os desafíos do éuscaro en diferentes ámbitos

A revista vasca Hermes recolleu no seu último número as oportunidades e os retos que terá o éuscaro en diferentes ámbitos no futuro. O obxectivo desta publicación é estudar as tendencias de futuro en relación coa súa utilización para que se teñan en conta no proceso de revitalización desta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

A Asociación de Municipios Vascos e a Real Academia da Lingua Vasca colaboran para asesorar as entidades locais

O obxectivo do convenio de colaboración é proporcionarlles asistencia técnica ás entidades locais vinculadas á Asociación de Municipios Vascos no ámbito da onomástica, especialmente en consultas relacionadas cos nomes das rúas e outras vías.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder