País Vasco
A poboación vasca poderá rexistrar a súa preferencia idiomática para relacionarse co Sistema Vasco de Saúde

O Goberno vasco ten como obxectivo que a base de datos do seu sistema de saúde inclúa a preferencia lingüística da maioría da poboación para ser atendida en éuscaro ou en castelán. Ata agora 285 500 persoas xa rexistraron a súa demanda de servizos en éuscaro.
Fonte: El Independiente
O Goberno vasco pon a disposición da cidadanía Itzuli +, unha extensión do tradutor neuronal Itzuli
Itzuli + é unha extensión para asociar ao tradutor automático Itzuli, co que amplían as ferramentas para conseguir unha tradución mellor e máis accesible. O dispositivo traduce ao instante, desde calquera web, textos en éuscaro e castelán.
Fonte: Deia
O catálogo Filmazpit incorpora cinco novas longametraxes en éuscaro
O catálogo Filmazpit, que ten como obxectivo impulsar o cine con subtítulos en éuscaro, acaba de incluír cinco novas longametraxes, un documental, dous filmes de animación, dous dramas sociais e unha antoloxía de curtas.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea presenta o novo catálogo de produtos nesta lingua destinado á infancia e á mocidade
O novo catálogo de produtos en éuscaro está pensado para nenos/as e mozos/as de 0 a 16 anos e inclúe os produtos máis salientables e novidosos do mercado: música, libros, filmes, xoguetes etc.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco impulsa unha campaña para promover o éuscaro no sector do comercio

O Goberno vasco, en colaboración coa Axencia de Desenvolvemento de Oarsoaldea, pon en marcha unha campaña que, baixo o lema 'Betikoa. Gertukoa. Eskatu euskaraz, eskaini euskaraz', busca fomentar o éuscaro no comercio, en liña cos obxectivos do plan de promoción desta lingua no ámbito socioeconómico.
Fonte: Diario Vasco
Un total de 17 entidades recibe o certificado Bikain de calidade do éuscaro

O Goberno vasco entregou os certificados Bikain de calidade do éuscaro, unha distinción que, nesta edición, recaeu en 17 entidades, nove das cales obtiveron o certificado de nivel superior, catro, o de nivel medio e outras catro, o básico. En canto á natureza das entidades, once delas eran de carácter privado e seis, público.
Fonte: 20minutos
Por primeira vez as persoas novas que responden en éuscaro unha enquisa do Observatorio Vasco da Xuventude superan as que o fan en castelán

Unha enquisa en liña do Observatorio Vasco da Xuventude, dirixida a mozas e mozos de 15 a 29 anos, mostra un cambio de tendencia na lingua empregada para completala. Así, máis da metade, en concreto, o 52,3 % respondeu en éuscaro, mentres que o 47,7 % restante utilizou o castelán.
Fonte: Gobierno Vasco
Celébrase o Día Internacional do Éuscaro 2020

Co gallo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, o lehendakari leu unha declaración institucional, consensuada polo Goberno vasco, as tres deputacións forais, os concellos das capitais de provincia vascas, EUDEL e UEMA, no transcurso da primeira reunión do Consello Asesor do Éuscaro desta lexislatura.
Fonte: Goberno Vasco
Nace o primeiro dicionario sobre feminismo e igualdade en éuscaro

O Goberno vasco presentou o dicionario Feminismoa eta Berdintasuna, que inclúe termos básicos e os seus correspondentes conceptos e definicións en materia de feminismo e igualdade, tanto os establecidos na lexislación vixente como os xurdidos dos movementos sociais.
Fonte: El Diario Vasco
Tres empresas vascas comezan un proxecto para crear un asistente virtual que interactúe en éuscaro
As empresas vascas Elhuyar, Skura e Talaios comezaron a traballar no proxecto Mycroft.eus para crear un asistente virtual que interactúe coas persoas en éuscaro, para o cal empregan tecnoloxías centradas na intelixencia artificial e o deep learning.
Fonte: Spri
Boletín
Subscríbase ao boletín