País Vasco
Vitoria identificará mediante un distintivo os axentes da policía que falen éuscaro
Co obxectivo de facilitarlle a atención en éuscaro á cidadanía, o Concello de Vitoria vai identificar cuns distintivos nos uniformes os axentes da Policía Local que saiban esta lingua.
Fonte: El Correo
Tolosa reactiva o club de lectura en éuscaro
O 9 de febreiro reactívase o club de lectura en éuscaro que contará con catro sesións, os martes pola tarde, ás que poderán acudir presencialmente dez persoas pero que se ofrecerán en formato en liña.
Fonte: Tolosako Udala
PuntuEUS establece como obxectivo impulsar a transformación dixital da sociedade desde o éuscaro
Co comezo do ano, PuntuEUS fai balance e anuncia novos propósitos e retos, como a posta en marcha do plan estratéxico PuntuEUS 2021-2023. Así mesmo, para o próximo trienio terá como obxectivo impulsar a transformación dixital da sociedade desde o éuscaro.
Fonte: PuntuEus
O Concello de Eibar organiza un concurso de erros na interpretación do éuscaro
Este concurso de erros na interpretación do idioma trata de dar a coñecer malentendidos que acontecen ao utilizar o éuscaro e o castelán ou o éuscaro e algunha outra lingua.
Fonte: El Diario Vasco
Once persoas da diáspora vasca concluirán a súa formación como profesores/as de éuscaro en Lazkao
Once persoas, procedentes de Arxentina, Chile e Uruguai, realizarán unha estancia de dous meses no barnetegi Maizpide de Lazkao para mellorar o seu nivel de éuscaro e logo poder impartir clases desta lingua nas súas cidades de orixe.
Fonte: Gobierno Vasco
O himno do centenario do Deportivo Alavés xa ten versión en éuscaro
O Deportivo Alavés cumpre cen anos e para conmemoralo conta cun novo himno, en castelán, composto e interpretado por Mikel Izal, e cunha versión en éuscaro, adaptada por Miren Agur Meabe.
Fonte: Gasteiz Hoy
O Concello de Donostia anima as familias a matricular as súas fillas e fillos no modelo en éuscaro

O Concello de Donostia está animando as familias, con motivo da campaña de matriculación para o vindeiro curso, a que escollan para os seus fillos e fillas o modelo D en éuscaro, xa que, segundo sinalan, é a mellor opción para unha educación realmente bilingüe.
Fonte: Donostiako Udala
Tabakalera impulsa unha convocatoria destinada á creación de series en éuscaro

O Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera pon en marcha trinta programas para impulsar o talento vasco aos que dedicará máis de tres millóns de euros. Unha das novidades deste ano é a convocatoria destinada á creación de series en éuscaro dirixida a guionistas e produtores executivos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Ermua organiza un programa de actuacións e actividades en éuscaro
Ao longo de todo o mes desenvolveranse en Ermua unha ampla variedade de actuacións e actividades en éuscaro, como un concerto, unha exposición ou varios clubs de lectura.
Fonte: Deia
EITB traduce ao éuscaro a información sobre a privacidade das páxinas web

Todos os sitios web teñen a obriga de proporcionar información sobre a privacidade, unha información que ata agora non se podía ofrecer en éuscaro. Ante esta situación, Euskal Irrati Telebista traduciu os textos relacionados coa privacidade a esta lingua, que poderán usar todas as empresas que o desexen.
Fonte: El Siglo
Boletín
Subscríbase ao boletín