País Vasco

Preséntase a sexta edición dos Premios Lazarraga que recoñecen o labor das empresas arabesas que fomentan o uso do éuscaro

A Deputación Foral de Áraba e Bai Euskarari Elkartea presentaron a sexta edición destes galardóns que recoñecen o esforzo das empresas que promoven o emprego do éuscaro. En total, premiaranse cinco entidades ou persoas físicas polas iniciativas postas en marcha para impulsar o uso desta lingua no ámbito social e empresarial.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Cada vez máis empresas apostan no País Vasco pola capacitación en éuscaro do seu cadro de persoal

Cada vez máis as empresas son conscientes da importancia de dirixirse á clientela na súa lingua para ofrecerlle un mellor servizo, polo que optan pola capacitación en éuscaro do seu persoal. Proba disto é o centro Ulibarri Euskaltegia, que asesora a empresas e entidades en materia sociolingüística e que xa prestou os seus servizos a compañías tan importantes como  El Corte Inglés, Mutualia ou a Autoridade Portuaria de Bilbao.  

Fonte: Deia

País Vasco

Reclaman un incremento do uso do éuscaro nos informativos de RTVE no País Vasco

Un senador do PNV solicitoulle á administradora única de RTVE durante a Comisión Mixta da Corporación que os informativos emitidos polo ente público no País Vasco adopten unha actitude proactiva a prol do éuscaro e fagan un maior esforzo por empregar esta lingua.

Fonte: El Confidencial Digital

País Vasco

O Concello de Donostia organiza diferentes proxectos para fomentar o uso do éuscaro no tempo de lecer da infancia e a mocidade

O Concello de Donostia vai organizar diferentes actividades para fomentar o éuscaro entre a infancia e a mocidade no seu tempo de lecer, co obxectivo de que o emprego desta lingua non se reduza ao ámbito escolar, senón que tamén se use noutros espazos vitais, como os parques ou os adestramentos deportivos.

Fonte: DonostiTik

País Vasco

Ponse en marcha unha nova edición do programa Berbetan para a práctica do éuscaro

O programa para a práctica do éuscaro Berbetan, organizado pola asociación Eta kitto!, xa ten aberto o prazo de inscrición. Esta iniciativa posibilita os encontros entre persoas con esta lingua como protagonista de conversas e actividades en grupos reducidos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Euskaltegi de Oñati organiza cursos de éuscaro específicos para diferentes ámbitos

O Euskaltegi municipal anuncia que organizará varios cursos gratuítos de éuscaro específicos para ámbitos como o coidado, a hostalería ou o comercio. Están dirixidos a persoas con nulos ou escasos coñecementos desta lingua e teñen como obxectivo que adquiran unha competencia oral básica para desenvolver a súa actividade laboral.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A edición deste ano de Euskaraldia lanza novo material didáctico para os centros educativos

A nova edición de Euskaraldia, a iniciativa que busca cambiar hábitos lingüísticos e aumentar o uso do éuscaro, arrancará oficialmente o 20 de novembro. Porén xa se presentou novo material didáctico para todas as etapas educativas dos centros escolares tanto públicos como privados-concertados.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Donostia oferta cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas

As persoas desempregadas que residan en Donostia poderán optar a unha praza nos cursos gratuítos de éuscaro de 120 horas que oferta o concello donostiarra.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Increméntase a porcentaxe de ensino en éuscaro na Universidade do País Vasco

A Universidade do País Vasco (UPV) deu comezo ao novo curso escolar con máis de 34 000 estudantes matriculados. Os datos actuais mostran que o 54,9 % do alumnado deste ano realizará os seus estudos en éuscaro, unha porcentaxe que medra lixeiramente respecto á do ano anterior.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

País Vasco

O Concello de Etxebarri subvencionará os rótulos en éuscaro dos establecementos comerciais

Co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro nos establecementos comerciais e na hostalería, o Concello de Etxebarri lanza unha convocatoria de axudas coa que subvencionará con ata o 50 % os rótulos en éuscaro nos seus locais.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder