País Vasco

O programa 'Ikusi eta Ikasi' impulsará en Bilbao o lecer en éuscaro para menores de 4 a 10 anos

O Concello de Bilbao organiza o programa 'Ikusi eta Ikasi' que, a través de actividades gratuítas, impulsará ao longo do mes de febreiro o lecer en éuscaro. Teatro, circo, maxia, música, danza ou obradoiros son algunhas das alternativas das que poderán gozar as nenas e os nenos de 4 a 10 anos.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O Concello de Eibar organiza un concurso de tuits en éuscaro

Ata o 23 de febreiro permanecerá aberto o prazo para que a cidadanía poida presentar “o tuit que lle gustaría ler en 2020”. Os tuits deberán estar en éuscaro, non sobrepasar os 140 caracteres e levar o cancelo #EibarTxioLehiaketa.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Investigadores da Universidade do País Vasco editan unha publicación na que distinguen tres dialectos do éuscaro

O grupo de investigación para o estudo da variación do éuscaro, Eudia, da Universidade do País Vasco realizou o estudo Euskalkien sailkapen berria no que distinguen tres dialectos desta lingua: o occidental, o central e o oriental.

Fonte: EiTB

País Vasco

Dous emprendedores crean unha aplicación para aprender éuscaro

O obxectivo do Método SyD é achegar o éuscaro ao maior número de persoas posible dun xeito divertido a través dunha aplicación móbil que, polo momento, só está dispoñible para dispositivos Android.

Fonte: Euskadi Noticias

País Vasco

O Concello de Vitoria presenta unha iniciativa para promover o éuscaro na hostalería e no comercio

O concello presentou esta nova campaña, denominada Gasteizen bai, que fomentará o uso do éuscaro en comercio e hostalería e recoñecerá os profesionais do sector nesta materia.

Fonte: Euskadi Noticias

País Vasco

Concellos e mancomunidades de Biscaia recibirán da Deputación Foral axudas para o fomento do éuscaro

En total, neste 2020 destinarase unha partida de 800 000 euros a subvencionar actividades de concellos, organismos autónomos municipais e mancomunidades dirixidas á promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

A Deputación de Biscaia destinará subvencións a persoas xurídicas sen ánimo de lucro que fomenten o uso do éuscaro

En total destinaranse 1 060 000 euros a subvencionar persoas xurídicas sen ánimo de lucro que realicen actividades de promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro en 2020.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Sobe o número de visitas á web da Academia da Lingua Vasca

Durante o ano 2019, o sitio web da Euskaltzaindia, ou Academia da Lingua Vasca, recibiu un total de 800.204 visitas, o que representa unha suba do 61,19 % respecto ao ano anterior.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Estudar éuscaro ata o nivel B2 será gratuíto en Guipúscoa

A Deputación de Guipúscoa comprométese, co acordo asinado coa Consellería de Política Lingüística do Goberno vasco, a destinar 42 457 euros á liña de axudas dirixida ao alumnado dos euskaltegis, que asegura dende 2020 a gratuidade dos estudos de éuscaro ata a acreditación do nivel B2 segundo o marco europeo.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Arranca de novo en xaneiro Darabilbo,  o programa de actividades en éuscaro do Concello de Bilbao

Este proxecto, posto en marcha polo concello bilbaíno en colaboración cos euskaltegis, busca promover o uso do éuscaro no tempo libre, especialmente entre persoas que están aprendendo, con actividades para xaneiro como talleres gastronómicos, degustacións, visitas guiadas a museos e sesións de danza vasca.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder