País Vasco

Ponse en marcha unha campaña para dar a coñecer a cidade de Donostia con palabras en éuscaro

O obxectivo desta campaña turística tan singular é dar a coñecer a cidade de Donostia dun xeito especial, a través dunha das súas principais particularidades: o éuscaro. A iniciativa convida a cidadanía a subir mediante unha foto ou vídeo unha palabra nesta lingua co cancelo #DonostiaHitzetan.

Fonte: Donostia-San Sebastián

País Vasco

O Goberno vasco pon en marcha unha campaña en éuscaro na que deportistas de alto nivel promoven a actividade física na casa

O programa Euskal Kirolari está a compartir vídeos en éuscaro, protagonizados por deportistas vascos (como a surfista Leticia Canales, os futbolistas Ibai Gómez e Luca Sangalli, o ciclista Mikel Landa ou a remeira Nerea Pérez), co obxectivo de fomentar a actividade física na casa durante o confinamento.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Executivo vasco destinará 400 000 euros en 2020 á promoción do éuscaro en Iparralde

O Goberno de Euskadi e a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde comprometéronse a colaborar no impulso do éuscaro en 2020 e definiron as liñas de traballo para este ano, así como as asignacións económicas que se destinarán á promoción desta lingua no País Vasco francés.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Ponse en marcha en Tolosa unha iniciativa para practicar éuscaro desde a casa mentres dure o confinamento

A organización Galtzaundi Euskara Taldea lanza a iniciativa 'Itxialdian euskaraz" para practicar éuscaro desde a casa mentres dure o confinamento. Con esta idea preténdese impulsar a práctica desta lingua en liña, a través de videochamadas, e en grupo, poñendo en contacto persoas que queren aprendela con outras que as queren axudar.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Concello de Elgoibar convoca axudas para dar continuidade á promoción do éuscaro

O Concello de Elgoibar comunicou as subvencións para o ano 2020, que inclúen axudas para a aprendizaxe do éuscaro e para o fomento da presenza desta lingua en establecementos comerciais, así como o seu uso no ámbito empresarial.  

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Un vídeo co himno do Athletic Club serve como lección para aprender éuscaro

Beñat Erezuma, profesor de Tecnoloxía, puxo en marcha hai uns anos a canle de YouTube “Euskara Satorra: aprender euskera con vídeos” que conta con arredor de 17 000 subscritores. Agora ofrece unha das súas leccións a través do himno do Athletic Club nun vídeo no que traduce e explica  a súa letra.

Fonte: El Desmarque

País Vasco

O Goberno vasco pon en marcha o programa Berdintzen que permitirá a realización de investigacións sobre éuscaro e xénero

Garbiñe Bereziatua, Beñat Muguruza, Onintza Legorburu e Nekane Goikoetxea realizarán investigacións sobre éuscaro e xénero no marco da primeira edición do programa Berdintzen, impulsado polo Goberno vasco.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Club Hiru3 ofrece actividades e contidos en éuscaro para os máis pequenos durante o confinamento

Co obxectivo de facerlles máis divertidos ás nenas e aos nenos os días de confinamento, o Club Hiru3 ofrece diversas actividades e contidos en éuscaro, como vídeos, dinámicas participativas,  debuxos animados e series etc.

Fonte: EITB

País Vasco

Preséntase a primeira plataforma vasca de transcrición e subtitulación automática de audio e vídeo

Elhuyar presentou o seu recoñecedor da fala chamado Aditu, unha plataforma para a transcrición e a subtitulación automática de audios e vídeos. Trátase dunha ferramenta de pago que permite subtitular e transcribir discursos, conversacións e distintos enunciados en éuscaro e castelán.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Unha investigadora analiza os usos lingüísticos do alumnado dunha escola biscaíña

A investigadora Eider Saragueta estudou os usos lingüísticos, a identidade e os saltos entre linguas do alumnado dunha escola biscaíña de modelo D que cursaba 5º e 6º de Educación Primaria.

Fonte: Columna Cero

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder