País Vasco

Dous emprendedores crean unha aplicación para aprender éuscaro

O obxectivo do Método SyD é achegar o éuscaro ao maior número de persoas posible dun xeito divertido a través dunha aplicación móbil que, polo momento, só está dispoñible para dispositivos Android.

Fonte: Euskadi Noticias

País Vasco

O Concello de Vitoria presenta unha iniciativa para promover o éuscaro na hostalería e no comercio

O concello presentou esta nova campaña, denominada Gasteizen bai, que fomentará o uso do éuscaro en comercio e hostalería e recoñecerá os profesionais do sector nesta materia.

Fonte: Euskadi Noticias

País Vasco

Concellos e mancomunidades de Biscaia recibirán da Deputación Foral axudas para o fomento do éuscaro

En total, neste 2020 destinarase unha partida de 800 000 euros a subvencionar actividades de concellos, organismos autónomos municipais e mancomunidades dirixidas á promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

A Deputación de Biscaia destinará subvencións a persoas xurídicas sen ánimo de lucro que fomenten o uso do éuscaro

En total destinaranse 1 060 000 euros a subvencionar persoas xurídicas sen ánimo de lucro que realicen actividades de promoción, difusión ou normalización do uso do éuscaro en 2020.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Sobe o número de visitas á web da Academia da Lingua Vasca

Durante o ano 2019, o sitio web da Euskaltzaindia, ou Academia da Lingua Vasca, recibiu un total de 800.204 visitas, o que representa unha suba do 61,19 % respecto ao ano anterior.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Estudar éuscaro ata o nivel B2 será gratuíto en Guipúscoa

A Deputación de Guipúscoa comprométese, co acordo asinado coa Consellería de Política Lingüística do Goberno vasco, a destinar 42 457 euros á liña de axudas dirixida ao alumnado dos euskaltegis, que asegura dende 2020 a gratuidade dos estudos de éuscaro ata a acreditación do nivel B2 segundo o marco europeo.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Arranca de novo en xaneiro Darabilbo,  o programa de actividades en éuscaro do Concello de Bilbao

Este proxecto, posto en marcha polo concello bilbaíno en colaboración cos euskaltegis, busca promover o uso do éuscaro no tempo libre, especialmente entre persoas que están aprendendo, con actividades para xaneiro como talleres gastronómicos, degustacións, visitas guiadas a museos e sesións de danza vasca.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

O Goberno vasco presenta un plan para impulsar o éuscaro no ámbito socioeconómico 

O Plan de promoción do éuscaro no ámbito socioeconómico 2020-2023 busca, entre outros, mellorar a competencia nesta lingua do persoal que traballa cara ao público, axudar no avance das competencias lingüísticas nas empresas e organizar campañas de sensibilización para promover a demanda de servizos en éuscaro.

Fonte: EITB

País Vasco

Unha nova aplicación completa o servizo do tradutor automático neuronal Itzuli

Itzuli, o tradutor automático neuronal de éuscaro a castelán, realiza 50 000 traducións diarias de media na súa versión web. Agora, a nova app para dispositivos iOS e Android complementa esta ferramenta e presenta como principal novidade a posibilidade de introducir texto a través da voz.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Dezaoito entidades guipuscoanas comprometidas coa promoción do éuscaro celebran un encontro para valorar os avances

Estas 18 entidades guipuscoanas uníronse en 2016 ao programa Gipuzkoa Berdinago para promover o uso do éuscaro nos seus ámbitos de actuación e agora danse cita na xornada Etorkizuna Eraikiz Gunea para coñecer os avances do programa.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder