País Vasco

Case 200 estudantes participan no Concurso de Redacción en Éuscaro organizado polo Concello de Elgoibar

Un total de 199 alumnos de Primaria, ESO, FP e Bacharelato participou no III Concurso de Redacción en Éuscaro, organizado polo Concello de Elgoibar, o que supón un récord de participación neste certame.  

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Ponse en marcha unha campaña para animar a facer a declaración da renda en éuscaro

O Concello de Elgoibar e a asociación Elgoibarko Izarra iniciaron unha campaña para animar a cidadanía a presentar a declaración da renda en éuscaro. O obxectivo é avanzar na normalización desta lingua en todos os contextos, tamén á hora de liquidar  contas coa Facenda Foral.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco aproba a orde pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de proxectos lingüísticos de centros

En total o Executivo vasco destinará 1,3 millóns de euros para o desenvolvemento de proxectos lingüísticos de centros de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato durante o curso 2020-2021.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Concello de Bilbao fomenta a creatividade en éuscaro entre a mocidade adaptando o programa Harrapazank á situación de confinamento

O Concello de Bilbao organiza o programa cultural Harrapazank, en colaboración con Topagunea, para fomentar o éuscaro entre a xente nova da cidade. Esta primavera, con motivo das restricións provocadas polo confinamento, reformou a oferta prevista e contará cunha versión en liña que permitirá gozar das actividades que ofrece sen moverse da casa.

Fonte: BizkaiaGaur

País Vasco

Publícase un léxico básico en éuscaro sobre o coronavirus

Euskaltzaindia, xunto ao Centro Vasco de Terminoloxía, recolleu 25 palabras en éuscaro para aclarar as dúbidas sobre os termos relacionados co coronavirus. Este léxico básico ten como principais destinatarios os medios de comunicación e os profesionais sanitarios que se expresan nesta lingua.

Fonte: El Correo

País Vasco

Euskaraldia pon en marcha 'Etxealditik Euskaraldira', unha iniciativa que invita a reflexionar sobre o uso do éuscaro na casa

'Etxealditik Euskaraldira' é unha iniciativa pensada para o confinamento que ten como obxectivo convidar a usar máis o éuscaro na casa e reflexionar sobre o emprego desta lingua en todos os contextos.

Fonte: EITB

País Vasco

O tradutor neuronal do Goberno vasco bate récords de traducións no mes de marzo

O tradutor neuronal Itzuli rexistrou en marzo os mellores datos de uso desde a súa posta en marcha, ao alcanzar as 4 757 801 traducións, case o dobre que no mes anterior. O 56 % destas foi de castelán a éuscaro e o 44 % restante, de éuscaro a castelán.

Fonte: Gasteiz Berri

País Vasco

RTVE abre a porta a recuperar os titulares en éuscaro

A administradora única de RTVE defende a actitude de respecto do ente público coas linguas oficiais do Estado e abre a porta a recuperar os titulares en éuscaro para os informativos vascos, unha ausencia que xustifica polo escaso dominio do seu persoal para emitir a programación nesta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas destinada a proxectos de impulso do éuscaro no contorno dixital

O Goberno vasco destinará 450 000 euros a esta liña de axudas que conta con dúas modalidades: proxectos non comerciais de contidos en internet unicamente en éuscaro e versións en éuscaro de proxectos non comerciais que usen, ademais desta lingua, outros idiomas.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas destinada a proxectos de normalización do éuscaro na vida social

O Goberno vasco destinará 979 000 euros á convocatoria de axudas Euskalgintza, unhas axudas que están dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento e normalización do éuscaro na vida social.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder