País Vasco

O Goberno vasco acorda co Ministerio de Xustiza que as probas de acceso á avogacía e á procuradoría poidan facerse en éuscaro

O Consello de Goberno autorizou a subscrición dun convenio entre a Administración Xeral do País Vasco e o Ministerio de Xustiza que establece as bases para que a proba de acceso ao exercicio das profesións de avogacía e procuradoría poida facerse en castelán ou en éuscaro, segundo decida o aspirante.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Deputación de Biscaia convoca subvencións para as publicacións en éuscaro

A Deputación Foral de Biscaia aprobou a convocatoria de subvencións para 2020, cun orzamento de 900 000 euros, destinadas a publicacións periódicas en éuscaro en papel ou dixitais cuxo obxectivo sexa a difusión de información de ámbito local, comarcal ou territorial.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Alumnas do centro de FP Harrobia de Bilbao crean BerdinGO!, un xogo de mesa en éuscaro sobre igualdade de xénero

Alumnas de marketing e publicidade crearon o xogo de mesa en éuscaro BerdinGO!, de carácter didáctico e inclusivo, centrado na igualdade de xénero.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco destina 1,2 millóns de euros ao programa Ulibarri de normalización lingüística

O Consello de Goberno aprobou a orde que establece as subvencións para os centros concertados que participen no programa Ulibarri de normalización lingüística con proxectos que teñan como obxectivo contribuír ao fomento do uso do éuscaro na comunidade educativa.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O uso do éuscaro supera o do castelán por primeira vez en dez anos nas rúas de Tolosa

Segundo o estudo presentado por Galtzaundi Euskara Taldea e o Concello de Tolosa, que mide o uso das linguas nas rúas deste municipio no ano 2019, o emprego do éuscaro alcanza o 49,1 % (vinte puntos máis que hai 34 anos), mentres que o do castelán se sitúa nun 48,5 %.

Fonte: Tolosako Udala

País Vasco

Preséntase ni.eus, un novo servizo de correo electrónico en éuscaro

Co gallo da celebración do Día Internacional de Internet, a Fundación Puntueus presentou ni.eus, un servizo de correo electrónico en éuscaro desenvolvido xunto á empresa vasca Guebs.

Fonte: EITB

País Vasco

A Universidade do País Vasco pon en marcha o mestrado "Adquisición, xestión e prácticas lingüísticas do éuscaro no século XXI"

A Universidade do País Vasco, en colaboración co Goberno desta comunidade, lanzou un novo mestrado co obxectivo de ofrecer unha formación específica sobre os novos coñecementos e metodoloxías que xurdiron nos últimos anos no proceso de revitalización do éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Deputación Foral de Biscaia inicia un proxecto para que o seu persoal aprenda éuscaro de xeito telemático

O programa Berbanet ten como obxectivo que o persoal que traballa nos diferentes departamentos da Deputación Foral de Biscaia mellore a fluidez, supere medos e afiance o costume de falar en éuscaro no ámbito laboral.

Fonte: BizkaiaGaur

País Vasco

Máis de 200 alumnas e alumnos participaron xa no programa de prácticas no centro de traballo en éuscaro

O alumnado dos ciclos de grao medio e superior da comarca de Oarsoaldea ten a posibilidade de escoller o programa de prácticas no centro de traballo en éuscaro, que xa leva en funcionamento unha década e cuxo obxectivo é dar continuidade ao modelo lingüístico elixido nos estudos.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Udaltop, o encontro de servizos municipais de éuscaro, pon o foco este ano no ámbito socioeconómico

Udaltop, o encontro de servizos municipais de éuscaro, chega á súa duodécima edición, que estará dedicada impulsar o uso desta lingua no ámbito socioeconómico. A emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 obrigará a adaptar a xornada de 2020 que se celebrará o 14 de maio e que se realizará por vía telemática.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder