País Vasco
A matrícula no nivel C1 de éuscaro será gratuíta para o alumnado de entre 16 e 30 anos
O Goberno vasco implantará a gratuidade da matrícula para o alumnado de entre 16 e 30 anos que acredite o nivel C1 de éuscaro. O obxectivo desta iniciativa é axudar a que a mocidade adquira unha capacitación lingüística máis elevada para que poida desenvolver a súa carreira profesional nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Ponse en marcha unha experiencia piloto co obxectivo de promover a realización da FCT-Dual de Formación Profesional en éuscaro
Co lema Euskaraz, talentua gara!, organizarase unha campaña de identificación e difusión de boas prácticas, con charlas para responsables dos centros de FP e almorzos de traballo con responsables dos centros de traballo co obxectivo de reflexionar sobre o uso e as funcións das linguas e amosar o valor engadido que ofrece o éuscaro no mundo laboral.
Fonte: Gobierno Vasco
Hernani acollerá a feira Enpresarean Azoka, na que se analizará a relación entre empresa vasca, desenvolvemento sustentable e diversidade lingüística

A feira Enpresarean Azoka, que se desenvolverá en Hernani o día 22 outubro, analizará a relación entre o tecido empresarial vasco, o desenvolvemento sustentable e a diversidade lingüística. O obxectivo desta iniciativa é impulsar a colaboración e o acceso de empresas e profesionais que traballan en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Unhas xornadas abordarán a universalización do coñecemento do éuscaro
As xornadas Euskararen herria euskal hiztun, organizadas polo Goberno vasco e Kontseilua, desenvolveranse os días 12 e 13 de novembro e estarán centradas na universalización do coñecemento do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
Persoal da Deputación de Biscaia inscríbese nun programa para practicar éuscaro

Máis de cen traballadoras e traballadores da Deputación de Biscaia van participar no novo programa interno para practicar éuscaro. Farano en sesións telemáticas nas que, por parellas, as persoas participantes deberán manter conversas de arredor de 30 minutos á semana.
Fonte: Deia
Comeza unha nova edición de Mintzalaguna, unha iniciativa que reúne persoas que falan éuscaro con outras que queren aprendelo
En outubro comezan os novos grupos de Mintzalaguna, unha iniciativa mediante a que persoas que falan éuscaro se xuntan con outras que queren falalo, para o que se crean pequenos grupos de conversa que se reúnen unha hora á semana.
Fonte: Gasteiz Hoy
O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración anual
O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaintza renovaron o convenio anual que manteñen desde 2008 polo cal ambas as institucións colaboran no desenvolvemento e a socialización do éuscaro na cidade, así como na organización de actos culturais. Ao abeiro deste convenio, Euskaltzaindia recibe unha subvención de 35 500 euros e presta asesoramento lingüístico aos diferentes servizos municipais.
Fonte: Deia
A Deputación de Áraba pon en marcha un programa de asesoramento en éuscaro dirixido ás empresas

A Deputación de Áraba, en colaboración co Goberno vasco e o Concello de Vitoria, porá en marcha, no marco do programa Lanabes de impulso do uso do éuscaro no ámbito empresarial arabés, dous novos proxectos: unha comunidade de prácticas nesta lingua e un servizo de asesoramento lingüístico para as empresas.
Fonte: El Correo
O Concello de Bilbao organiza un programa de éuscaro destinado a comerciantes

O Concello de Bilbao presentou unha nova edición de Biribilko, un programa que ten como obxectivo impulsar a normalización e o uso do éuscaro nos establecementos comerciais da cidade.
Fonte: Deia
O Consello Escolar de Euskadi pide unha reflexión profunda sobre o modelo D polo baixo nivel de éuscaro que alcanza o alumnado

O baixo nivel de éuscaro do alumnado inscrito no modelo D ao finalizar a educación obrigatoria levou ao Consello Escolar de Euskadi a solicitar unha reflexión profunda sobre o ensino nesta modalidade que, ademais, é a maioritaria.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín