País Vasco

A Deputación de Áraba destina máis de medio millón de euros a fomentar o emprego do éuscaro

A partida de máis de medio millón de euros destinarase a catro tipos de subvencións coas que se pretende promover o uso do éuscaro: unha dirixida a concellos e cuadrillas; outra, a entidades deportivas e asociacións de nais e pais; a terceira, a medios de comunicación; e a última, á euscaldunización de persoas.

Fonte: El Correo

País Vasco

A SD Eibar súmase á campaña de fomento do éuscaro Euskaraldia

Como todos os anos, a SD Eibar sumouse a Euskaraldia, a campaña de fomento do uso do éuscaro. O club está a facer esforzos para empregar esta lingua e apoiar iniciativas que axuden na súa expansión.   

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha rede de acollida donostiarra busca voluntarios para darlles clases de éuscaro e castelán aos migrantes

A Rede de  Acollida Cidadá de Donostia busca persoas voluntarias para darlles clases de éuscaro e castelán a migrantes acabados de chegar á cidade. O perfil dos que acceden é, maioritariamente, o de homes, marroquís, subsaharianos ou alxerianos.

Fonte: DonostiTik

País Vasco

O alumnado matriculado no modelo lingüístico D, íntegro en éuscaro, supera en Barakaldo por primeira vez o matriculado no B

O pasado curso constatouse en Barakaldo, por vez primeira, unha cifra maior de alumnado matriculado no modelo lingüístico D, íntegro en éuscaro, polo que se decantaron 6598 escolares, fronte ao modelo mixto B, escollido por 6557.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Muskiz fomenta a utilización do éuscaro nos rótulos dos establecementos comerciais e hostaleiros

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Muskiz poderán acollerse ao programa de axudas impulsado dende o Concello, ao que destinará 1500 euros, para poñer un rótulo e un toldo en éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Caen os índices de audiencia da televisión pública en éuscaro durante o estado de alarma

A televisión pública en éuscaro rexistrou uns datos de audiencia moi pobres durante o estado de alarma e non está a competir con outras plataformas de contido audiovisual.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Goberno do País Vasco lanza un novo programa de actividades de reforzo do éuscaro

O Consello de Goberno do País Vasco aprobou axudas a entidades para o desenvolvemento de actividades educativas dirixidas ao reforzo e promoción do éuscaro durante as vacacións de 2020.

Fonte: Euskadi

País Vasco

O Concello de Galdakao fomentará durante o verán o uso do éuscaro no municipio

Galdakao contará durante o verán cunha programación de lecer infantil, dirixida a nenas e nenos de entre 5 e 11 anos, coa que pretende fomentar o emprego do éuscaro no municipio.

Fonte: Deia

País Vasco

Póñense en marcha diversas iniciativas na Wikipedia en éuscaro para coñecer mellor o territorio vasco

Euskal Wikilarion Kultura Elkartea está a impulsar diversas iniciativas na Wikipedia en éuscaro co obxectivo de afondar no coñecemento do territorio vasco, entre elas unha guía de viaxe de Euskal Herria, un concurso fotográfico e varias actividades, como visitas e percorridos virtuais.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

RTVE estuda a posibilidade de emitir en éuscaro na desconexión territorial que realiza para o País Vasco

O PNV leva tempo reclamando que a radiotelevisión pública española emita en éuscaro na desconexión territorial que realiza para o País Vasco. Agora, a administradora única de RTVE, Rosa María Mateo, mostrouse disposta a estudar esta posibilidade.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder