País Vasco
O prazo de inscrición para os cursos gratuítos de éuscaro en Donostia permanecerá aberto ata o 20 de setembro
Estes cursos, que se impartirán durante o mes de outubro, están dirixidos a persoas desempregadas empadroadas na cidade que poderán inscribirse dende o 2 de setembro.
Fonte: Donostia
O Concello de Plentzia inicia unha campaña para animar a cidadanía a empregar o éuscaro diariamente
Esta campaña, que chegará tamén ao comercio e á hostalería local, convida as persoas que pasan polo centro da vila a empregar o éuscaro de maneira cotiá a través de sete ilustracións con mensaxes nesta lingua.
Fonte: Deia
A Deputación Foral de Biscaia destinará unha partida de 150 000 euros á Durangoko Azoka, cita literaria e musical en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia aprobou esta axuda destinada á entidade organizadora do evento literario e musical en éuscaro, que se celebrará no vindeiro mes de decembro.
Fonte: Deia
Convócase o V Premio Internacional de Poesía en éuscaro Xabier Lete
Este certame ten como obxectivo promover e apoiar as entidades e creadores que difunden a cultura e a arte na comunidade e conta cunha dotación de 12 000 euros. O prazo de recepción das obras remata o 5 de decembro.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O Plan de turismo de Donostia aposta, nun dos seus eixes de acción, por promover a lingua e a cultura vascas

No marco do Plan de turismo de Donostia puxéronse xa en marcha dúas campañas co éuscaro como protagonista, o “Basque Challenge”, que conseguiu case 500 000 visualizacións, 4000 interaccións en redes sociais e 585 participantes, ou o “Easy Guide to Euskara”.
Fonte: Hosteltur
O Concello de Irún organiza colonias de verán nas que se fomenta o uso do éuscaro

Durante os meses de xullo e agosto, no marco do proxecto Solas Jolas, os nenos e as nenas de Irún poden acudir ás colonias de verán que organiza o Concello, un espazo onde, ademais de xogar, se fomenta o uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Eskoriatza outorgará axudas para cursos de éuscaro
O Concello de Eskoriatza subvencionará cursos de cursos de éuscaro a persoas empadroadas neste municipio. As cantidades das axudas dependerán da solicitude e poderán chegar ata o 100 % da matrícula.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Elgoibar abre o prazo de solicitude de axudas para a rotulación dos negocios en éuscaro
Estas axudas, que xestiona o servizo de política lingüística do Concello de Elgoibar, cubrirán o 50 % do custo que supón ter en éuscaro os rótulos identificativos dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.
Fonte: Diario Vasco
A Deputación de Biscaia aproba a concesión de 260 000 euros a Labayru Fundazioa para promover o éuscaro
Esta contribución empregarase para continuar traballando conxuntamente na promoción do éuscaro, con iniciativas de interese que poñan en valor o patrimonio cultural da comunidade.
Fonte: Bizkaia Gaur
Un total de 116 coidadoras/es de residencias de Guipúscoa recibe o certificado B2 de éuscaro
O Goberno vasco entregoulles a 116 coidadoras/as de residencias o certificado do nivel B2 de éuscaro co obxectivo de que as persoas usuarias destes servizos poidan recibir atención nesta lingua.
Fonte: El Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín