País Vasco

A incorporación de 800 novos artigos sitúa o éuscaro entre as linguas con maior presenza na Wikipedia

Os artigos neste idioma ocupan xa o posto número 29 entre as 302 linguas nas que existen artigos publicados en wikipedia. Este proxecto, acordado entre o Goberno Vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea e que conta coa participación de máis de 2500 estudantes, anima a alumnos e alumnas a xerar novos artigos divulgativos en éuscaro a través desta rede.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello vasco de Zumaia subvencionará os cursos de aprendizaxe de éuscaro

Esta axuda está dirixida a todas as persoas empadroadas no municipio que realizasen cursos de aprendizaxe e alfabetización para persoas adultas e asistisen polo menos ao 80% das clases. Deste xeito, as bolsas estarán dispoñibles tanto para quen realizase cursos ordinarios coma intensivos, internados ou de autoaprendizaxe. 

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa fixo entrega dos premios de creación audiovisual en éuscaro

En total, premiáronse seis producións audiovisuais realizadas en éuscaro por alumnos e alumnas de entre 14 e 16 anos, das seis escolas participantes. A importancia deste concurso piloto recae no gran consumo deste tipo de contidos entre a mocidade.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Nomenclátor Xeográfico do País Vasco recompila un total de 81 248 fichas con información sobre toponimia e cartografía

Estas fichas foron elaboradas coa colaboración de GeoEuskadi e recollen, ademais dos topónimos oficiais e preferentes, abundante información en relación coa súa evolución e uso. Esta información será empregada de xeito oficial no ámbito nacional e internacional. 

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O Programa Ulibarri de normalización lingüística conta xa co seu decreto regulador

O novo decreto incidirá a partir de agora nos espazos lectivos non universitarios, principal novidade da norma, ademais de entrar a valorar a perspectiva de xénero. O seu obxectivo fundamental é regular a articulación entre os proxectos de normalización lingüística do éuscaro nos centros educativos de Euskadi. 

Fonte: Noticias Press

País Vasco

O Instituto Municipal de Deportes do Concello de Barakaldo organiza actividades multilingües durante o mes de xullo para os máis pequenos

Nas colonias multideportivas trilingües, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos poderán gozar de diferentes actividades deportivas en tres modalidades lingüísticas: bilingüe, éuscaro e inglés. Isto suporá a oportunidade de reforzar o aprendido durante o curso e darlle utilidade fóra das aulas.

Fonte: En Barakaldo

País Vasco

O colectivo Akebai crea unha canle de Telegram para informar das actividades culturais en éuscaro de Eibar

Trátase dunha plataforma informativa, creada a través da aplicación móbil Telegram, para difundir entre a veciñanza as actividades organizadas en éuscaro. A idea, impulsada por Akebai, está sendo promovida en Eibar coa colaboración de diferentes colectivos. A información será xestionada na súa totalidade polas organizacións que colaboran nesta iniciativa.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A Universidade de Deusto realizará un estudo sobre o uso do éuscaro no Gran Bilbao

O Consello de Goberno aprobou unha subvención de 35 000 euros para a realización dun estudo sobre as prácticas lingüísticas dunha vintena de mozos e mozas para coñecer o uso do éuscaro no Gran Bilbao. Será o Instituto de Estudos Vascos da Universidade de Deusto o destinatario da axuda e o encargado de realizar esta tarefa.

Fonte: NoticiasPress 

País Vasco

EiTB estrea 'Puntu Koma', a gañadora do concurso de series dixitais en éuscaro

Esta serie, creada por Maialen Sorzabalbere e Amaia Vermello, comezará a emitirse na web de series dixitais de EiTB despois de gañar o concurso da plataforma audiovisual Next Station. Ademais deste premio, o proxecto Puntu Koma foi tamén recoñecido con varios galardóns internacionais, como o Asia Web e o Accolade Global Competition.

Fonte: eitb.eus

País Vasco

Nace en Guipúscoa o laboratorio de creación de contidos audiovisuais en éuscaro "2deo"

No marco da estratexia 'Etorkizuna eraikiz' (Construíndo futuro), este proxecto está configurado como un laboratorio de investigación e desenvolvemento do sector. O seu obxectivo principal será dinamizar a creación de contidos audiovisuais en éuscaro para asegurar o futuro e o recoñecemento do idioma.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder