País Vasco

O Concello de Guetxo ofrece axudas económicas a mozos e mozas que realicen o exame teórico de conducir en éuscaro

Estas axudas, valoradas en 100 euros, van dirixidas a todas as persoas de entre 17 e 23 anos que opten por realizar o exame teórico de conducir en éuscaro. Trátase dunha medida que busca impulsar o idioma e que se enmarca dentro da iniciativa «Gidabaimena euskeraz», que conta coa colaboración de diversos concellos de Biscaia.

Fonte: ABC

País Vasco

O Concello de Lezo abre o prazo para acceder ás subvencións anuais para aprender éuscaro

O obxectivo principal destas axudas é impulsar o uso e a mellora do éuscaro no municipio. Por iso, ofértanse subvencións para varios tipos de cursos, entre os que se poden atopar cursos de verán, cursos para aprender éuscaro no Euskaltegi ou, mesmo, para obter o título de monitor ou director de tempo libre.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Hondarribia aproba en Pleno o Plan de normalización do éuscaro ata 2022

O Concello de Hondarribia aprobou por unanimidade nunha sesión extraordinaria do Pleno o Plan de normalización do éuscaro 2018-2022.

Fonte: Gipuzkoa Gaur

País Vasco

Danse a coñecer os premios aos mellores proxectos de fin de carreira en éuscaro

Xa foron publicados os premios aos mellores proxectos de fin de carreira en éuscaro. Neste caso, foron uns estudantes da Escola Politécnica Superior da Unversidade de Mondragón os galardoados. 

Fonte: Diaro Vasco

País Vasco

Ábrese a convocatoria para subvencionar a aprendizaxe do éuscaro en Bilbao

A Área de Éuscaro e Educación do Concello de Bilbao abriu, de novo, a convocatoria de axudas a pais, nais e monitores de tempo libre que desexen aprender o idioma. Esta subvención, que o ano pasado cubriu a 299 persoas, axudaría a aboar a aprendizaxe da lingua, dotación que se concederá en función dos criterios que se esixen nas bases.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Celébrase un ano máis o concurso de anuncios en éuscaro Euspot

Este ano volve celebrarse Euspot, un concurso de anuncios en éuscaro. Nesta ocasión, presentáronse 98 traballos, 25 máis que o ano pasado. Para decidir o gañador, está xa aberto o voto popular, co que cada votante poderá elixir o anuncio que máis lle guste de entre os presentados.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A Fundación Puntueus fai un chamamento para impulsar o emprego do éuscaro no ámbito dixital

A Fundación Puntueus, responsable do dominio web .eus, fixo un chamamento a reforzar a oferta de contidos dixitais en éuscaro, con motivo da celebración do Día de Internet. Recalcaron que a súa vitalidade dixital mellorou, xa que os contidos publicados a través dos dominios .eus son maioritariamente nesta lingua, aínda que falta presenza noutras áreas, como a audiovisual.

Fonte: eitb

País Vasco

A Universidade do País Vasco recoñece a investigación académica en éuscaro

En 2018 presentáronse 333 teses na Universidade do País Vasco, 33 das cales estaban en éuscaro. Delas, 17 obtiveron a cualificación internacional, o dobre que en 2017. Para promover a investigación nesta lingua, entréganse os Premios Koldo Mitxelena de Teses en Éuscaro, que este ano chegan á súa cuarta edición.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas para cursos de éuscaro destinados ao profesorado

O Goberno vasco destina 1,2 millóns de euros á convocatoria de axudas para que o profesorado dos centros privados e de iniciativa social asista en horario lectivo a cursos destinados á mellora da súa capacitación lingüística en éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O Tribunal Supremo estuda se os concellos poden esixir o uso exclusivo do éuscaro nas actividades subvencionadas

O Tribunal Supremo estuda unha ordenanza municipal de Lasarte-Oria que esixe o uso exclusivo do éuscaro en actividades para menores de 16 anos se estas recibiron subvencións.  

Fonte: Cadena Ser

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder