País Vasco
O programa Euskaragiletu organiza actividades de apoio ás empresas en procesos de normalización do éuscaro

O programa Euskaragiletu, posto en marcha por Kontseilua, ten como obxectivo axudar as empresas interesadas en avanzar nos seus procesos de euscaldunización. Por este motivo, organiza novas actividades para as próximas semanas, en concreto, visitas a dúas empresas con ampla experiencia na normalización do éuscaro.
Fonte: SPRI
Presentan unha proposición de lei para que aprender éuscaro sexa gratuíto ata o nivel B2
EH Bildu presentou no Parlamento vasco unha proposición de lei para garantir a gratuidade na aprendizaxe oficial de éuscaro ata un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do marco común europeo de referencia para as linguas.
Fonte: El Diario.es
O Instituto Vasco Etxepare impulsará o uso do éuscaro no estranxeiro

O Instituto Vasco Etxepare levará ás Euskal Etxeak e ás universidades internacionais, do 23 de novembro ao 3 de decembro, a iniciativa de promoción do éuscaro "Euskaraldia: 11 egun euskaraz" coa axuda de persoas que actuarán como embaixadoras.
Fonte: Diario Vasco
Representantes da lingua galesa visitan Euskadi para coñecer algunhas das iniciativas en marcha relacionadas co éuscaro
Varios expertos da lingua galesa visitaron Euskadi para coñecer o labor en materia de euscaldunización de persoas adultas e de fomento do éuscaro na universidade. Para iso reuníronse con representantes de diferentes entidades relacionadas con estes dous ámbitos.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Azkoitia pon en marcha axudas para fomentar o uso do éuscaro no ámbito comercial

O departamento do éuscaro do Concello de Azkoitia outorgará unhas axudas, que poderán acadar ata os 600 euros, para que os establecementos comerciais poidan ter a súa web, programas informáticos, publicidade ou rotulación exterior nesta lingua. Estes comercios tamén terán a posibilidade de solicitar o servizo de tradución e corrección de textos.
Fonte: Diario Vasco
Xa están dispoñibles na rede as licenzas GPL e Creative Commons en éuscaro

O Departamento de Cultura e Política Lingüística, xunto co Consello Asesor do Éuscaro, pon a disposición dos usuarios as licenzas GPL e Creative Commons coa finalidade de continuar o impulso desta lingua no mundo dixital.
Fonte: Goberno Vasco
A Deputación de Áraba presenta a quinta edición dos premios Lazarraga de fomento do éuscaro no ámbito económico

Os premios Lazarraga chegan á súa quinta edición co obxectivo de recoñecer o traballo a prol do éuscaro no ámbito social e empresarial en Áraba. A entrega dos galardóns realizarase o 8 de novembro no Museo Artium.
Fonte: Gasteiz Hoy
A rede Mintzalaguna reúne en Vitoria persoas para falar en éuscaro

A rede Mintzalaguna está formada por máis de 700 persoas, que, a través dos programas de Mintzapraktika, se reúnen unha hora á semana para practicar éuscaro. O obxectivo desta iniciativa é incrementar a porcentaxe de coñecemento desta lingua entre a poboación arabesa, que actualmente se sitúa nun 28,5 %.
Fonte: Gasteiz Hoy
Increméntase o uso do éuscaro no municipio vasco de Azkoitia

Segundo unha enquisa elaborada polo Clúster de Sociolingüística, o emprego do éuscaro nas rúas de Azkoitia aumentou un 7,6 % entre 2014 e 2018, de maneira que case o 70 % da poboación se expresa nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Deputación de Guipúscoa apoiará o cine en éuscaro con incentivos fiscais

Estes incentivos fiscais para o sector audiovisual, que se aplicarán en 2019, chegarán ao 30% para o caso das producións vascas ou estatais e ao 40% para as que se roden en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín