País Vasco
A corporación municipal de Elgoibar aproba un plan de acción para fomentar o uso do éuscaro

O Plan de acción de promoción do éuscaro 2018-2022 (ESEP) de Elgoibar é un documento que ten como obxectivo promover o uso desta lingua e a súa normalización en todos os ámbitos da vida local.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Goberno vasco destinará 7,8 millóns euros aos medios de comunicación en éuscaro

O Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco vai dedicar 7.867.410 euros en 2019 aos medios de comunicación que se publican integramente en éuscaro, o que suporá un aumento de case tres millóns de euros con respecto a este ano.
Fonte: Deia
Donostia acolle a presentación de Modela, un tradutor automático de éuscaro desenvolvido con intelixencia artificial

Xa está dispoñible a través de internet Modela, unha nova ferramenta creada por catro centros tecnolóxicos de Euskadi, a Universidade do País Vasco e a empresa Mondragon Lingua. Trátase do mellor tradutor automático de éuscaro desenvolvido ata o momento, pois para a súa creación empregáronse técnicas da máis innovadora intelixencia artificial.
Fonte: Deia
A plataforma Mintzanet premia os usuarios que fomentan o uso do éuscaro

Mintzanet celebrou a quinta edición dos premios aos seus usuarios pola súa contribución ao uso do éuscaro. Este proxecto naceu hai cinco anos para promover o emprego desta lingua a través de internet. Trátase dunha plataforma gratuíta na que se poñen en contacto dúas persoas, unha que domina o éuscaro e outra que quere aprendelo ou melloralo. Así, unha vez á semana póñense en contacto por videoconferencia para falar nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
Nace Mastodon.eus, unha nova rede social para comunicarse en éuscaro

Mastodon.eus, unha nova rede social gratuíta creada por entidades de promoción do éuscaro para comunicarse nesta lingua, permite a publicación de mensaxes de ata 500 palabras e contidos multimedia, e non ten publicidade.
Fonte: Eitb.eus
A Deputación Foral de Biscaia recoñece o labor de 31 federacións deportivas por fomentar o uso do éuscaro

Un total de 31 federacións deportivas recibiu unha distinción de recoñecemento polo labor realizado nas súas respectivas disciplinas deportivas co obxectivo de incrementar a presenza e o uso do éuscaro neste ámbito.
Fonte: 20 minutos
O Goberno vasco traballa nun plan estratéxico para impulsar o éuscaro no ámbito socioeconómico

O Goberno vasco está a traballar na elaboración do Plan estratéxico do éuscaro no ámbito socioeconómico que está previsto estea finalizado a principios do ano 2019. Ao longo de 2018 estase a levar a cabo un proceso participativo para recoller achegas de diferentes organizacións ao proxecto.
Fonte: Gobierno Vasco
Institucións do País Vasco subscriben unha declaración con motivo do Día Internacional do Éuscaro

Representantes das institucións vascas subscribiron unha declaración, co gallo da celebración o vindeiro 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, que leva por título ‘O éuscaro necesítanos en actitude activa e predisposta. Porque todos os días son euskaraldia’ coa que fan un chamamento á cidadanía para que se implique no impulso desta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco aproba unha subvención de 68 000 euros para a Mancomunidade de Municipios Euscaldúns

A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, coa axuda de 68 000 euros do Goberno vasco, impulsará catro proxectos de fomento do éuscaro promovidos polo programa anual desta mancomunidade.
Fonte: 20 minutos
O Concello guipuscoano de Pasaia pon en marcha unha campaña para promover a lectura en éuscaro

O Concello de Pasaia impulsa unha campaña de lectura en éuscaro ('Orriz orri Euskara erabili, orriz orri Euskara igorri') grazas á que farán descontos para adquirir libros escritos en éuscaro. Ademais organizaranse uns actos especiais dirixidos a persoas de diferentes idades.
Fonte: El Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín