País Vasco
Oñati celebra un concerto para apoiar un proxecto de expedición ao Everest para promover o éuscaro
O 16 de setembro Oñati acollerá un concerto de apoio ao proxecto "Osíxeno ao éuscaro, tamén a 6000 metros", no que participan mozos e mozas de Euskadi, Navarra e Iparralde. O obxectivo da iniciativa é compaxinar o uso da lingua vasca e o montañismo, así como promover as linguas minorizadas.
Fonte: Noticias de Navarra
A Axencia de Desenvolvemento de Oarsoaldea pon en marcha un programa para aprender éuscaro entre amigos
A Axencia de Desenvolvemento de Oarsoaldea organiza o programa Kuadrillategi, para que mozos e mozas poidan aprender e mellorar o seu éuscaro a través da realización de diversas actividades, como saídas especiais, plans de todo o día ou plans de fin de semana. O prazo de inscrición nesta iniciativa, que se desenvolverá nos municipios de Lezo, Errenteria, Oiartzun e Pasaia, prolongarase ata o 28 de setembro.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de San Sebastián ofrece cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas
Entre os días 3 e 21 de setembro as persoas desempregadas de San Sebastián poderán inscribirse nos cursos gratuítos de éuscaro organizados polo concello que comezarán a impartirse o 8 de outubro.
Fonte: La Vanguardia
Un de cada tres estudantes no País Vasco suspende a materia de éuscaro
Segundo o diagnóstico sobre a evolución do éuscaro en 2017, o nivel desta lingua entre o alumnado descendeu 10 puntos desde 2010, o que supón que suspende esta materia un de cada tres estudantes.
Fonte: El Correo
O conselleiro de Cultura do Goberno vasco quere impulsar o uso do éuscaro na Administración
O conselleiro vasco de Cultura recorda que un 70% do persoal da Administración ten un determinado nivel de éuscaro e o obxectivo e que o use no ámbito laboral.
Fonte: ABC
Handia podería converterse no primeiro film rodado en éuscaro en chegar aos premios Óscar
Handia é a película en éuscaro máis vista da historia. Conseguiu dez dos trece premios Goya aos que estaba nomeada e agora competirá por chegar aos Óscar na categoría de Mellor película de fala non inglesa.
Fonte: Play Ground
Comeza a segunda edición do Glocal in Progres, unha actividade para linguas non hexemónicas dentro do Festival de Cine de San Sebastián
Glocal in Progress, unha iniciativa que se enmarca no Festival de Cine de San Sebastián e que está destinada a películas en linguas non hexemónicas, presenta, na súa edición deste ano, tres filmes en grego, lituano e turco.
Fonte: Audiovisual 451
O Concello de Agurain outorgará 10 000 euros en bolsas para o estudo do éuscaro
Este Concello ten como obxectivo normalizar o éuscaro e incrementar o seu coñecemento e a súa utilización por parte dos veciños. Para iso, a dotación orzamentaria para este ano ascende a 10 000 euros que se destinarán a unha serie de axudas.
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de San Sebastián aproba o seu Plan para normalizar o uso do éuscaro

O Concello puxo en marcha o sexto Plan para normalizar o uso do éuscaro, o cal terá unha vixencia de cinco anos e ten como obxectivo que esta lingua sexa utilizada en todos os ámbitos.
Fonte: ABC
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra avala o éuscaro como requisito para o funcionariado se a súa necesidade está xustificada
O Tribunal Superior de Xustiza di que o éuscaro é a lingua propia de Navarra e que a administración pode asignar a determinados postos do seu cadro de persoal o perfil de éuscaro como requisito cando está xustificado.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín