País Vasco

Reclaman que Patxi López derrogue tres decretos de éuscaro cando sexa lehendakari

A Plataforma pola Liberdade de Elección Lingüística do País Vasco considera que se Patxi López é lehendakari debe derrogar tres decretos que impoñen o éuscaro na escola vasca.

Fonte: EcoDiario

País Vasco

Créase un "selo" que avalía o uso do vasco nas relacións empresariais

Un "selo" distinguirá as empresas do País Vasco que usan o éuscaro no seu papel de envoltorio, na súa roupa de traballo ou nas mensaxes dos contestadores telefónicos.

Fonte: Expansión

País Vasco

O Consello Escolar do País Vasco rexeita o nivel de éuscaro que esixe Educación para o persoal non docente

A última reunión do Consello Escolar de Euskadi deixou patente os desacordos entre o Departamento de Educación, en mans de EA, e a área de Política Lingüística, que dirixe o PNV, pola esixencia do éuscaro a persoal educativo.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O PP esixe a retirada do plan de uso do éuscaro no Instituto Foral de Benestar Social

O PP pedirá a retirada do plan de uso do éuscaro no Instituto Foral de Benestar Social xa que ao seu xuízo recolle unha serie de obrigas que «non están acordes coa realidade de Álava».

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O Concello de Ermua ofrece consellos na súa páxina web para impulsar o emprego do éuscaro

Os pais e nais de Ermua contan na páxina web do departamento municipal de Éuscaro con diversos consellos para fomentar o uso deste idioma desde a casa.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O Concello de San Sebastián promove as compras en éuscaro en 1.600 comercios da cidade

O Concello distribuirá carteis con termos e frases en éuscaro a 1.600 establecementos de catro gremios diferentes -hostalería, froiterías e tendas de verduras, carnicerías e peixerías- para que, baixo o lema ¡Proba en éuscaro!, clientes e comerciantes se animen a utilizar esta lingua nas súas compras.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Korrika conclúe en Vitoria instando a usar o éuscaro a diario

A Korrika, carreira en favor do éuscaro, cerrou na praza da Virgen Blanca de Vitoria a súa 16ª edición instando a usar a diario esta lingua, máis alá de aprendela.

Fonte: El País

País Vasco

Google potenciará o uso do éuscaro en internet

O Goberno Vasco e a canle de televisión EITB asinaron un convenio coa empresa Google que permitirá utilizar o correo electrónico en éuscaro e realizar buscas de alta calidade en internet no devandito idioma. O acordo pretende impulsar a incorporación da lingua vasca á novas tecnoloxías da comunicación.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Federación Topagunea abre un debate sobre o papel das asociacións de éuscaro como centro da comunidade lingüística

A Federación de Asociacións de Éuscaro Topagunea celebrou a súa Xunta Anual e decidiu abrir un debate, que durará tres anos, sobre o papel destas asciacións como centro da comunidade lingüística.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Concello de Bilbao inicia unha campaña para impulsar a matriculación en éuscaro en bacharelato e FP

A Área de Éuscaro do Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña para impulsar a matriculación en éuscaro en bacharelato e formación profesional. Para isto, enviará preto de 2.700 folletos informativos aos domicilios dos mozos bilbaínos matriculados este curso en 4º de ESO.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder