País Vasco

O Goberno vasco suspende a norma que establecía o éuscaro como lingua principal no ensino

O Boletín Oficial do País Vasco (BOPV) recolle unha orde do Departamento de Educación do Goberno vasco que suspende o apartado da normativa aprobada polo anterior Executivo que establecía o éuscaro como principal lingua vehicular no ámbito escolar.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Departamento vasco de Educación descarta agora dar clases en éuscaro no modelo A

O Departamento vasco de Educación descartou impartir materias unicamente en éuscaro aos alumnos que estudan no modelo A. A conselleira Isabel Celaá anunciou esta idea a finais de xuño, para permitir que os estudantes que cursan todas as materias en castelán puidesen alcanzar maior desenvoltura en lingua vasca.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O Concello de Amorebieta elaborará unha ordenanza do éuscaro

O colectivo Euskal Herria Euskaraz solicitou no último pleno, co aval de 800 sinaturas, a aprobación dunha ordenanza do éuscaro. A concelleira de Cultura e Éuscaro, Sara Chamizo, adiantou que o consistorio se atopa traballando nela e animou o colectivo a presentar propostas para ser valoradas.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O Concello de San Sebastián reedita 30.000 exemplares do dicionario de peto de éuscaro para turistas

O Padroado Municipal de Éuscaro de San Sebastián reeditou 30.000 exemplares do dicionario de peto no que se traducen a sete idiomas "palabras e frases elementais" en éuscaro tras "a grande acollida que tivo o pasado verán".

Fonte: Europa Press

País Vasco

A metade dos menores de 30 anos en Biscaia é bilingüe

A última enquisa sociolingüística revela que máis do 30 % dos habitantes de Biscaia é quen de expresarse tanto en éuscaro como en castelán. En 25 anos produciuse un incremento exponencial no número de persoas que dominan ambas as linguas. En 1981 só o 15,2 % dominaba os dous idiomas mentres que en 2006 a porcentaxe aumentou ata o 31,3 %.

Fonte: Deia

País Vasco

O PNV pídelle á dirección de EITB que os partidos da Liga de Campións se retransmitan pola primeira canle en éuscaro

O parlamentario do PNV Luke Uribe-Etxebarria pediulle ao director de EITB, Alberto Surio, que os partidos de fútbol correspondentes á Liga de Campións, que retransmitirá esta tempada a televisión pública vasca, se emitan pola canle ETB-1 e en éuscaro.

Fonte: Qué!

País Vasco

Os alumnos chegados doutras comunidades non terán que aprender éuscaro

Os alumnos que se incorporen ao sistema educativo vasco procedentes doutras comunidades non terán a obrigación de examinarse de éuscaro. Poderán aprender, se o desexan, a lingua vasca, pero sen obriga de examinarse.

Fonte: El País

País Vasco

Douscentos comerciantes de San Sebastián participaron ata o momento nos cursos de éuscaro específicos para o sector

Hai dous anos, o Padroado de Éuscaro de San Sebastián comezou a ofertar cursos específicos para comerciantes e hostaleiros. O obxectivo era que puidesen atender a súa clientela nesta lingua, pero tamén que fosen conscientes do valor engadido que o éuscaro supón para os seus negocios e a calidade do servizo. Desde entón, douscentos comerciantes pasaron por estes cursos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Consellería vasca de Educación pon en marcha internados en inglés para alumnos de primaria

Entre os proxectos que vai desenvolver o Departamento de Educación do Goberno vasco o vindeiro curso 2009-2010 destaca a posta en marcha de internados en inglés dunha semana de duración para os alumnos de sexto curso de primaria da rede pública.

Fonte: El País

País Vasco

O Concello de Bilbao enviará 6.000 folletos para fomentar o éuscaro na familia e a matriculación nesta lingua

O Concello de Bilbao enviará cerca de 6.000 folletos informativos a domicilios de familias con fillos e fillas nacidos entre 2007 e 2008, co obxectivo de sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar e potenciar a matriculación en modelos de ensino en lingua vasca.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder