País Vasco
O Goberno vasco anuncia que garantirá que as familias poidan elixir a lingua na que matricular os seus fillos
O Goberno vasco anunciou que garantirá ás familias que poidan elixir a lingua na que matriculan os seus fillos, aínda que non o "centro específico" para cursar os estudos porque "non hai recursos suficientes no sistema" para dotar a todos os colexios dos tres modelos lingüísticos.
Fonte: EiTB
O Concello de Elorrio elaborará un estudo sobre o éuscaro local
O Concello de Elorrio elaborará un traballo de investigación sobre o éuscaro nesta localidade para afondar nas súas particularidades, segundo informaron fontes municipais.
Fonte: Deia
O viceconselleiro vasco de Xustiza di que a cooficialidade de linguas "non se leva á práctica" nesta Administración
O viceconselleiro de Xustiza, Txema Finez, lamentou que a cooficialidade de linguas "non se leve á práctica" na Administración de Xustiza e atribuíu esta situación á "política lingüística seguida ata agora".
Fonte: Europa Press
A conselleira vasca de Educación destaca o papel da escola na recuperación e extensión do éuscaro
A conselleira de Educación, Universidades e Investigación, Isabel Celaá, resaltou o papel da escola na recuperación e extensión da lingua vasca, no acto de entrega dos premios de literatura Urruzuno.
Fonte: Europa Press
Bátese o récord de matriculacións en éuscaro no País Vasco
Un total de 20.620 nenos de tres anos accederá a próxima semana ao sistema educativo vasco. Deles, 14.667 farano no modelo D. É dicir, o 71,1 % dos alumnos que entrará en infantil recibirá un ensino íntegro en éuscaro, fronte ao 69,9 % do exercicio anterior, o que supón un novo récord.
Fonte: El Correo Digital
O Tribunal Supremo avala que non se lles esixa perfil de éuscaro aos profesores interinos
O Tribunal Supremo rexeitou o recurso que interpuxo no seu día o Goberno vasco contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, na que censuraba a expulsión do sistema educativo dos profesores interinos que non puideron acreditar o perfil lingüístico 2 de éuscaro.
Fonte: El Correo Digital
O observatorio vasco Behatokia di que a oferta de emprego da Ertzaintza vulnera dereitos lingüísticos
Behatokia, o observatorio creado por Kontseilua, denunciou que a nova oferta de emprego da Ertzaintza "elude os dereitos lingüísticos dos euscaldúns". Dos 260 novos axentes previstos na convocatoria, tan só 108 teñen como preceptiva a acreditación do primeiro perfil de éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Parlamento vasco volve co debate dos modelos lingüísticos
A pesar dos esforzos da conselleira Isabel Celaá por cambiar o paso e centrar a atención da comunidade educativa na aposta tecnolóxica da Escola 2.0 ou no avance do trilingüismo, o debate sobre os modelos xorde unha e outra vez sen solución de continuidade.
Fonte: El País
O concurso televisivo 'Mihiluze' invita a aprender éuscaro
Mihiluze, o concurso de ETB -1 máis seguido polos estudantes dos euskaltegis, regresa ás pantallas con algunhas novidades, entre as que se encontra unha edición especial os sábados protagonizada por nenos.
Fonte: El Correo Digital
Un concurso de vídeos dinamizará este ano a campaña para fomentar o éuscaro en Vitoria
O Concello de Vitoria presentou unha nova campaña para promover o éuscaro na cidade, para animar os cidadáns a estudalo e, sobre todo, para que as persoas que xa o coñecen o usen.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín