País Vasco
A Universidade do País Vasco crea un sistema para corrixir erros sintácticos en éuscaro
Unha investigadora da Universidade do País Vasco (UPV) desenvolveu un novo sistema para detectar e corrixir erros sintácticos en éuscaro, denominado Saroi, segundo indicou o citado centro universitario.
Fonte: El Mundo
PSE, PP e PNV pactan, tras anos de divisións, un acordo para impulsar o éuscaro
De fito pode cualificarse o acordo común en materia educativa ao que chegaron Partido Socialista de Euskadi (PSE), Partido Popular (PP) e Partido Nacionalista Vasco (PNV) no Parlamento Vasco -tamén o apoiou Ezker Batua (EB)-, ao aprobarse un texto que fai súas as conclusións do proceso Euskara 21, aprobadas polo Consello Asesor do Éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O PNV pide reformar os modelos lingüísticos para garantir "o avance do éuscaro como lingua vehicular"
O PNV reclámalle ao Departamento de Educación a elaboración dunha proposta de reforma do actual sistema de modelos lingüísticos para "garantir un verdadeiro avance do éuscaro como lingua vehicular".
Fonte: Deia
A Consellería vasca de Educación di que non lle consta que haxa peticións de modelo A sen atender
O Departamento de Educación do Goberno Vasco dixo que non lle consta que haxa solicitudes de matriculación no modelo A que quedaran sen atender.
Fonte: El Correo Digital
A conselleira vasca de Educación di que o Goberno garantirá "cada vez de mellor maneira a liberdade de elección lingüística"
A conselleira vasca de Educación, Isabel Celaá, insistiu en que o Goberno autónomo garantirá "cada vez de mellor maneira" a "liberdade de elección lingüística" e promoverá "as condicións que o permitan".
Fonte: Europa Press
O Concello de Bilbao premiará os mellores blogs en éuscaro
Aproveitar as novas tecnoloxías para impulsar o uso do éuscaro é o principal obxectivo do concurso Bilblogari, organizado polo concello da capital biscaíña e o portal de internet Nontzeberri.
Fonte: El Correo Digital
A Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, reafirma o seu compromiso co éuscaro no seu 90 aniversario
A Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, concluíu as celebracións para conmemorar o 90 aniversario da súa fundación cunha cerimonia na que o seu presidente, Andrés Urrutia, reafirmou o compromiso desta institución co éuscaro e a sociedade.
Fonte: El Correo Digital
O Goberno vasco crea unha comisión para mellorar a atención cidadá en éuscaro
Unha comisión interdepartamental do Goberno vasco analizará a oferta de atención en éuscaro aos cidadáns dos distintos servizos públicos co obxectivo de detectar posibles lagoas e introducir melloras.
Fonte: El Correo Digital
O Parlamento vasco pedirá máis versión orixinal nas películas emitidas pola televisión pública vasca
Distintos grupos no Parlamento vasco presentaron unha proposición non de lei para instar a EiTB a incluír na súa programación películas en inglés en versión orixinal con subtítulos en castelán ou en éuscaro.
Fonte: Qué
O Concello de Eibar pon en marcha o segundo Plan para o uso normalizado do éuscaro
O Concello de Eibar puxo en marcha o segundo Plan para o uso normalizado do éuscaro, co obxectivo de lograr un maior uso da lingua vasca nos seus servizos, tanto en atención á cidadanía como a nivel interno.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín