País Vasco
Inician unha campaña en 45 municipios de Biscaia para impulsar a opción do modelo educativo en éuscaro
Un total de 7.600 familias con fillos de entre 2 e 3 anos e residentes en 23 municipios e tres mancomunidades biscaíñas serán protagonistas dunha campaña informativa que ten como obxectivo promover a escolarización infantil en éuscaro.
Fonte: Deia
Máis de 230 comercios de Basauri apoian impulsar o éuscaro nos seus negocios
A cambio, o Consistorio de Basauri ofreceralles a estas tendas e bares a súa colaboración e axuda económica para que poidan impulsar a utilización da lingua vasca.
Fonte: ABC
Eusko Alkartasuna esixe que o currículo educativo vasco dea prioridade ao éuscaro
Eusko Alkartasuna esixiu que o currículo vasco outorgue expresamente "atención prioritaria ao éuscaro" e inclúa "o significado histórico e social de Euskal Herria".
Fonte: El Mundo
Nas autoescolas da comarca de Buruntzaldea xa é posible estudar en éuscaro
Unha nova iniciativa coordinada por medio dos departamentos municipais de Éuscaro da comarca de Buruntzaldea permitirá estudar nas autoescolas para sacar o carné de conducir en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Departamento vasco de Educación anima ao intercambio entre alumnos para aprender éuscaro
O Goberno vasco quere aproveitar a diversidade dos distintos territorios, incluídos Navarra e Iparralde, para promover intercambios entre estudantes co fin de mellorar o seu coñecemento de éuscaro. A convocatoria está aberta aos que viven en situacións máis desfavorecidas de cara a alcanzar un correcto nivel nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O PNV quere que Radio Televisión Española emita en éuscaro no País Vasco para apoiar esta lingua
O parlamentario do PNV na Cámara vasca Luke Uribe-Etxebarria reclamou que Radio Televisión Española (RTVE) ofreza emisións en éuscaro no País Vasco co fin de contribuír á "normalización" desta lingua.
Fonte: Galicia-Hoxe
O Goberno vasco destina este ano 30.500 euros a impulsar o éuscaro no ámbito xurídico
O Consello de Goberno, a proposta do Departamento de Xustiza e Administración Pública, autorizou a sinatura dun convenio coa Academia Vasca do Dereito (AVD) e o Instituto Vasco da Administración Pública (IVAP) para lograr a normalización do uso do éuscaro no ámbito xurídico.
Fonte: ABC
O Concello de San Sebastián organiza cursos de éuscaro dirixidos a hostaleiros e comerciantes
O Padroado Municipal de Éuscaro organiza, en colaboración con diversas asociacións de comercio e hostalería da capital guipuscoana, cursos de aprendizaxe de lingua vasca.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Aumenta o número de falantes de éuscaro en Bilbao
Cada ano crece o número de euscaldúns en Bilbao. Na actualidade este colectivo suma 165.000 persoas, unha cifra á que se chegou tras aumentar un 12 % nos últimos cinco anos. Os falantes de éuscaro son case a metade da cidadanía de Bilbao.
Fonte: Deia
A conselleira vasca de Educación quere primar o éuscaro no futuro modelo educativo trilingüe
A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, admitiu que as familias vascas prefiren elixir os modelos lingüísticos con «máis presenza do éuscaro» á hora de educar os seus fillos e avogou por primar esta lingua no futuro modelo trilingüe.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín