País Vasco
O éuscaro será mérito pero non requisito para o funcionariado vasco de Xustiza
O éuscaro vaise valorar como mérito con carácter xeral e particularmente nos postos xenéricos na Administración de Xustiza e só de forma especial se considerará como requisito de acceso e desempeño nos postos singularizados.
Fonte: El País
O éuscaro terá «atención preferente» no ensino
Éuscaro e castelán terán idéntica importancia no sistema escolar vasco, se ben a lingua vasca gozará dunha «atención preferente», que se traducirá nunha maior carga horaria.
Fonte: Diario Vasco
Ponse en marcha unha nova edición de 'Bikain', o certificado do uso do éuscaro en empresas
O Departamento vasco de Cultura abriu o prazo de solicitude para acceder ao proceso de avaliación externa 'Bikain', un certificado de calidade de xestión lingüística sobre o uso do éuscaro no mundo da empresa e no ámbito socioeconómico.
Fonte: Diario Vasco
Os centros con éuscaro como lingua principal son os que logran os mellores resultados académicos
Segundo un informe do Departamento de Educación do Goberno vasco, durante o curso 2008-2009 as ikastolas obtiveron a taxa de aprobados máis alta en primaria, secundaria e bacharelato.
Fonte: Noticias de Álava
O Partido Socialista de Euskadi pide incorporar o éuscaro, o catalán e o galego na web de Radio Televisión Española
O Partido Socialista de Euskadi rexistrou no Parlamento vasco unha iniciativa na que propón instar a Dirección de Radio Televisión Española (RTVE) a incorporar na súa páxina web a presenza do éuscaro, o catalán e o galego.
Fonte: A Nosa Terra
O Goberno vasco asina convenios con universidades de América Latina para impulsar o coñecemento do éuscaro
O Goberno vasco aprobou a sinatura de convenios con diferentes universidades de América Latina para o impulso do coñecemento da lingua e a cultura vascas máis alá do seu propio ámbito.
Fonte: Euskadi.net
A Deputación de Guipúscoa ofrece un servizo de interpretación para persoas xordas
A Deputación de Guipúscoa inaugurou un sistema que pretende normalizar a comunicación entre as persoas xordas e os servizos sociais do ente foral. Trátase dun mecanismo de tradución simultánea mediante cámara web que estará dispoñible na Área de Atención á Dependencia do Departamento de Política Social.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Universidade do País Vasco desenvolve un sistema automático de tradución de voz do éuscaro
O Departamento de Electricidade e Electrónica da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía desenvolveu un innovador sistema automático de tradución de voz do éuscaro.
Fonte: Deia
O 85% dos docentes de colexios públicos vascos pode dar clase en éuscaro
Nove de cada dez profesores da rede pública vasca acreditaron un perfil de éuscaro. O 85% ten o nivel 2, o que permite dar clases en éuscaro, e o resto aprobou o título máis básico que garante a posibilidade de comunicarse en lingua vasca.
Fonte: El Correo
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia publica os primeiros tomos do atlas dos dialectos do éuscaro
Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, presentou en Bilbao os dous primeiros tomos do Atlas de las variedades locales del euskera-Euskararen Herri Hizkeren Atlasa (EHHA), amplo traballo no que se recolle material escrito e sonoro obtido durante a investigación do éuscaro dialectal oral levada a cabo entre 1987 e 1992 en 145 municipios euscaldúns.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín