País Vasco

O Goberno vasco aproba o decreto que valora como mérito o éuscaro na Administración de Xustiza

O Goberno vasco aprobou o decreto de normalización lingüística na Administración de Xustiza de Euskadi, polo que o éuscaro se valorará como mérito con carácter xeral e só de forma especial se considerará como requisito de acceso e desempeño nos postos singularizados.

Fonte: ABC

País Vasco

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco crea a figura do tradutor e intérprete xurado de éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco creou a figura profesional de tradutores e intérpretes xurados do éuscaro, xa que ata agora só existían do castelán a outras linguas e viceversa, pero non do éuscaro a outros idiomas ou ao revés.

Fonte: El Correo

País Vasco

Os colexios estranxeiros do País Vasco darán éuscaro como materia obrigatoria

Os colexios estranxeiros autorizados para impartir ensinanza en Euskadi deberán impartir éuscaro dentro do seu programa de materias obrigatorias. Os responsables educativos queren que estes centros implanten de forma progresiva o ensino da lingua vasca entre o próximo curso e o ano académico 2011-2012.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco subvencionará con 1.600.000 euros máis de 150 proxectos destinados á normalización do éuscaro

A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, participou na inauguración do curso Euskara 2.0, organizado pola Viceconsellería de Política Lingüística, en colaboración coa Universidade do País Vasco, onde se analizarán a importancia de aplicar as novas tecnoloxías e a web 2.0 para impulsar a normalización das linguas minoritarias.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Os departamentos vascos de Sanidade e Interior centran as queixas por vulnerar o uso do éuscaro

A presunta vulneración de dereitos lingüísticos dos euscaldúns nas ofertas de emprego de Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde) e no trato recibido por parte do Departamento vasco de Interior centran as queixas presentadas polos cidadáns que falan en éuscaro, segundo o informe que presentou a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos (Behatokia), Garbiñe Petriati.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco demora durante un ano a aplicación do decreto que obriga o comercio a atender en éuscaro

O Goberno vasco demorará durante un ano a aplicación do decreto que obriga o comercio a atender en éuscaro. Para iso, procedeu a modificar o Decreto sobre os dereitos lingüísticos das persoas consumidoras e usuarias co obxecto de que o cumprimento das obrigas lingüísticas contidas nel se atrase durante un ano.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Goberno vasco destina 1,8 millóns de euros para axudar a estudantes de éuscaro

O Goberno vasco aprobou a convocatoria das axudas ao alumnado que superase durante o curso 2009-10 os exames de acreditación de niveis de éuscaro de HABE (Instituto para a Euscaldunización e Alfabetización de Adultos) ou os seus equivalentes.

Fonte: ABC

País Vasco

Vitoria potenciará o uso do éuscaro con cursos para inmigrantes ou comerciantes

A aprendizaxe da lingua vasca na capital alavesa será desde agora máis cómoda e barata para os vitorianos grazas á campaña 'Euskaraz maite zaitut' (Quérote en éuscaro), presentada polo Concello.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco destina 756.558 euros para materiais escolares dixitais en éuscaro

O Consello do Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan axudas para a produción e a súa posterior difusión na web Eskola 2.0 de materiais escolares dixitais en éuscaro de niveis non universitarios (EIMA 2.0).

Fonte: Europa Press

País Vasco

Preséntase un novo dicionario sobre gastronomía alavesa en dez linguas para mellorar o servizo hostaleiro

A asociación empresarial Álava Incoming presentou un novo dicionario gastronómico que traduce a dez idiomas diferentes os principais pratos e ingredientes da gastronomía alavesa: éuscaro, inglés, francés, alemán, holandés, sueco, italiano, portugués, galego e catalán.

Fonte: ABC

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder