País Vasco
O Goberno vasco promoverá o uso do éuscaro ao longo dunha vintena de municipios grazas ao programa 'Kontalaria'
O Goberno vasco fomentará o uso do éuscaro no ámbito público grazas á posta en marcha do programa 'Kontalaria', que percorrerá a partir do día 2 de outubro unha vintena de municipios e terá como obxectivo paralelo a creación dun conto colectivo.
Fonte: Qué
O cine en versión orixinal subtitulada en éuscaro chega á canle ETB3
A terceira canle de Euskal telebista (ETB3) apúntase ás versións orixinais. A partir do 7 de outubro, os espectadores vascos terán ocasión de gozar con cine en versión orixinal e ademais subtitulado en éuscaro.
Fonte: FormulaTV
O éuscaro estenderase este ano a todos os rexistros civís do País Vasco
O Goberno vasco, a proposta do Departamento de Xustiza, aprobou un convenio de colaboración coa entidade pública Red.es para estender este ano as inscricións en éuscaro a todos os rexistros civís delegados nos xulgados de paz do País Vasco.
Fonte: El Correo
O Goberno vasco traduce por primeira vez ao éuscaro varios tratados de dereitos humanos
O Goberno vasco comezou a traducir ao éuscaro e a incorporar ao portal euskadi.net diversos tratados internacionais de dereitos humanos, que ata agora non se atopaban dispoñibles en lingua vasca.
Fonte: Europa Press
O Departamento vasco de Educación conta con 139 auxiliares de conversación para impulsar o inglés, o francés e o alemán
O Departamento de Educación do Goberno vasco conta para este curso académico cun total de 139 auxiliares de conversación co obxectivo de impulsar "de forma decidida" o ensino das linguas estranxeiras como inglés, francés e alemán no ensino público vasco.
Fonte: El Correo
A Universidade de Mondragón e Euskaltzaindia asinan un convenio de colaboración para investigar sobre o éuscaro
O reitor da Universidade de Mondragón, Iosu Zabala, e o presidente da Academia da Lingua Vasca Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, subscribiron un convenio de colaboración en materia de investigación sobre éuscaro.
Fonte: Deia
O PNV pide cambiar ao éuscaro os nomes das tres provincias vascas
O Partido Nacionalista Vasco presentou unha proposición de lei no Congreso dos Deputados para cambiar ao éuscaro os nomes das tres provincias do País Vasco, de maneira que a partir de agora sexan coñecidas como “Araba-Álava”, “Gipuzkoa” e “Bizkaia” no canto de “Álava”, “Guipúzcoa” e “Vizcaya”.
Fonte: La Información
O Goberno vasco reitera que non se multará os comercios que non atendan en éuscaro
A conselleira de Cultura do Goberno vasco, Blanca Urgell, reiterou no Parlamento que o Goberno vasco eliminará a aplicación de multas aos comercios previstas no decreto de dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios que elaborou o anterior Executivo de Ibarretxe.
Fonte: El Correo
O Concello de Tolosa aposta por lograr un maior uso do éuscaro entre os máis novos
En virtude dun convenio, a Fundación Mintzola vai promover nos colexios de Tolosa, en colaboración cos profesores, un ambicioso proxecto piloto que se estenderá ao longo dos catro próximos cursos escolares. O obxectivo tanxible é dar cunha metodoloxía adecuada que garanta un maior e mellor uso do éuscaro entre os escolares.
Fonte: Diario Vasco
A Deputación de Álava promove a lectura de prensa en éuscaro
A Deputación de Álava destina 18.000 euros a fomentar a lectura da prensa en lingua vasca co obxectivo de acercar o éuscaro aos alaveses.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín