País Vasco
A Consellería vasca de Cultura desenvolverá o primeiro tradutor automático de éuscaro público e gratuíto
O Goberno vasco decidiu que o éuscaro necesita unha ferramenta útil e verdadeiramente eficaz, que potencie a súa presenza en internet e a súa difusión por todo o mundo. Así que nos próximos dous anos desenvolverá o que será o primeiro tradutor público e gratuíto, dirixido tanto a administracións públicas como a estudantes e profesionais.
Fonte: El Correo
O servizo de tradución de Vitoria atende a máis de 500 inmigrantes en ano e medio
O gabinete de Tradución e Interpretación dá resposta ás «necesidades que xorden na relación entre estranxeiros e calquera profesional municipal, e persegue fomentar a comunicación entre o Consistorio e os inmigrantes».
Fonte: El Correo
O Goberno vasco iniciará en 2012 o proceso para conceder títulos de éuscaro a alumnos do 'modelo D'
O Goberno vasco espera poñer en marcha no curso 2011-2012 o proceso para conceder titulacións homologadas de éuscaro aos alumnos do 'modelo D', é dicir, os que estudan integramente nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco entrega o certificado de calidade na xestión lingüística Bikain a 44 entidades
Un total de 44 entidades de Biscaia, Álava e Guipúscoa recibiu en San Sebastián os certificados de calidade Bikain que o Goberno vasco entrega á boa xestión que fan do éuscaro organizacións e empresas.
Fonte: Finanzas
O Concello de Vitoria promove o éuscaro nos comercios
O Concello de Vitoria promoverá o uso do éuscaro en 900 comercios da cidade a través da campaña 'Eskerrik asko, te lo agradecerán'.
Fonte: El Correo
O Goberno vasco creará unha enciclopedia dixital en éuscaro en 2011
O Departamento de Cultura do Goberno vasco destinará 200.000 euros e sacará a concurso en 2011 o proxecto de creación dunha enciclopedia dixital en éuscaro que contribúa á "normalización" do seu uso na sociedade.
Fonte: ABC
O Instituto Etxepare difunde en internet o uso do éuscaro
O Instituto Etxepare puxo en marcha a iniciativa Euskara Mundiala, unha campaña para dar a coñecer o éuscaro a través de internet (na web www.euskaramundiala.net), na que poñerá a disposición dos cidadáns varias decenas de frases gravadas nese idioma para que as aprendan, as escoiten e repitan.
Fonte: El País
Os escolares vascos melloran a súa capacidade de comunicación en éuscaro
Os escolares vascos melloraron os seus resultados en comunicación lingüística en éuscaro e en menor medida en castelán, segundo revela a avaliación diagnóstica 2010 que presentou a conselleira de Educación, Isabel Celaá, no Parlamento.
Fonte: El Correo
A Universidade de Deusto celebra o Día do Éuscaro con varios actos nos seus campus de Bilbao e San Sebastián
A Universidade de Deusto celebra o Día Internacional do Éuscaro, que se conmemora o venres 3 de decembro, con diversos actos e conferencias nos seus campus de San Sebastián e Bilbao.
Fonte: Europa Press
A porcentaxe de cidadáns que sabe éuscaro sobe do 22 ao 37,5 %
A porcentaxe dos cidadáns vascos que saben éuscaro pasou do 22 ao 37,5 % nos últimos 30 anos, segundo desvelou a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, con motivo da celebración do Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: EITB
Boletín
Subscríbase ao boletín